Queremos pediatras

As crianza son case sempre a maior das preocupacións nas familias, os pediatras son unha sorte de magos que fan diagnoses aos pequenos, aínda que non falen e non expresen  os seus síntomas.

Unha sociedade ten a obriga que coidar ás xeracións futuras, é lei de vida, e tamén unha realidade da cadea evolutiva, para ter éxito como especie. Son polo xeral ós máis débiles e que precisan máis axuda. Sempre se di que cando es Pai ou Nai empezas a comprender o que é ter medo, cando un fillo está enfermo, aínda que so sexa un catarro.

A administración é o garante invisible no proceso de crianza, ten que garantir a calidade de vida e o benestar de esta parte tan importante da sociedade, o futuro de Galicia.

Neste senso temos que dicir alto e claro, QUEREMOS PEDIATRAS!! porque todos os días vemos nos xornais que en tal o cal vila ou pobo están protestando porque quedan sen pediatra: Alfoz, Burela, Chantada, Vila de Cruces, Co ruxo ... a administración di que non ten médicos dispoñibles, pero todos sabemos que na realidade é unha amortización de prazas para ir aforrando no que non se pode aforrar, a saúde. Xa pasou cos odontólogos e as matroas  nos centros de saúde.

Queremos pediatras no rural, queremos pediatras nas vilas e queremos pediatras a 15 minutos de calquera núcleo de máis de 500 habitantes. Iso pediuno CxG no Parlamento de Galicia en Xaneiro e nin PP, nin PSOE, nin Marea, nin BNG apoiaron a proposta, eles saberán.

O saldo vexetativo de Galicia é claro e alarmante. Tivemos máis de 13.000 persoas que morreron por riba dos nacementos. Quen pode considerar que é boa xestión de Feijoo equipa, esperar os meses estivais para ir pouco a pouco eliminando pediatras no rural e nas vilas de Galicia? E está a maneira de fomentar a natalidade e o asentamento no cada vez máis despoboado rural?

Por decencia e por coherencia cómpre unha solución seria  a este problema, non se pode xogar cos máis débiles e non se pode facer este dano a Galicia. É ben que cada casa de Galicia poña na fiestra unha pancarta que diga: “QUEREMOS PEDIATRAS PARA OS NOSOS NENOS”.

Publicidade

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.