Recuperar o capital producido pola emigración

Non se caracteriza este país por un bo ambiente para negociantes, emprendedores, iniciativas económicas; non abondan persoas cos pés na terra que busquen o progreso, e aproveiten os adiantos técnicos, as máquinas para industrializar o país. A industria foi escasa e serodia. Os comerciantes foron maragatos e os industriais cataláns, en Vigo e Rías baixas.

Os intelectuais perdéronse en contendas célticas, agás Rosalía e Curros, heroes ignotos, ou en saudades fidalgas. Son preferibles dirixentes do Antigo Réxime aos burgueses que son inxuriados e cualifican de porcos

A literatura mostra heroes fantasmáticos que non serven de modelos, nos que non se encontran capacidades de realización. Os intelectuais perdéronse en contendas célticas, agás Rosalía e Curros, heroes ignotos, ou en saudades fidalgas. Son preferibles dirixentes do Antigo Réxime aos burgueses que son inxuriados e cualifican de porcos. Nada se pode encontrar neses modelos pneumáticos para ter azos e saír dun atraso económico e unha pasividade tradicional.

Non é a miña intención referirme á literatura. É máis oportuno xulgar a política, diría eu a ausencia de tal, o abandono do goberno da cousa pública ou da organización económica. En definitiva, vou ao tema, acosado pola fame, o pobo galego non encontra outra saída que a emigración. 

O rendemento económico que envían os emigrantes van, como os afluentes dun río, á Banca española. O goberno vai empregalo en mellorar e industrializar preferentemente Cataluña e Euskadi, que lindan con Francia e son xente máis insubordinada

A emigración será un drama cruel e unha práctica que se morde a cola. Galicia sen homes quedas que te poidan traballar, e son os mellores, os sans, novos, fortes e afoutos os que marchan. Quedan os vellos, enfermos, coitados, as criaturas e as mulleres, que deben facer o traballo de home e de muller. A emigración produce unha lesión profunda na sociedade, afonda a buraca da miseria, a depresión dunha sociedade sen alicientes.

O rendemento económico que envían os emigrantes van, como os afluentes dun río, á Banca española. O goberno vai empregalo en mellorar e industrializar preferentemente Cataluña e Euskadi, que lindan con Francia e son xente máis insubordinada. Galicia queda de última para que non se acabe a bicoca da emigración. Paralelamente se subestima o pobo, a lingua galega, se ridiculiza nas comedias. Somos a terra das bruxas, da ignorancia, etc. 

Non nacera Marx e xa se comprendía que a riqueza de uns producíase pola pobreza e escravitude de outros. O goberno español ben o sabía e executaba. A Galiza chegaba todo tarde, o tren, as comunicacións, o que permitiría progresar

Non nacera Marx e xa se comprendía que a riqueza de uns producíase pola pobreza e escravitude de outros. O goberno español ben o sabía e executaba. A Galiza chegaba todo tarde, o tren, as comunicacións, o que permitiría progresar. En 1880 saúda Curros a chegada da primeira locomotora a Ourense, que hiperbolicamente chama A Nosa Señora de ferro, aproveitando para relacionar a nai de Deus cunha máquina de ferro, aspecto que remacha afirmando que a máquina é o Cristo dos tempos modernos. Non se pode ser máis explícito na valoración da sociedade industrial e na condena do poder relixioso. Un poder que padeceu en carne propia ao admitir a lexislación civil a condena do bispo de Ourense do seu libro Aires da miña terra. Condena que o transformou nun emigrante máis.

Cataluña, como outras partes de España, beneficiouse da riqueza producida pola emigración galega. Porque, fóra da Galiza, onde encontran unhas infraestruturas apropiadas, os galegos son traballadores e emprendedores. Que por moito que falemos da capacidade dos fenicios para o comercio e da tendencia lírica galega, non son os esencialismos, senón os sistemas os que configuran unha sociedade. 

Por moito que falemos da capacidade dos fenicios para o comercio e da tendencia lírica galega, non son os esencialismos, senón os sistemas os que configuran unha sociedade

Cando eu, na segunda parte dos anos 70, comprendín as consecuencias económicas da emigración galega, e como foramos desposuídos dunha riqueza que nos pertencía, foi cando souben que Alemaña houbo pagar indemnizacións multimillonarias a Israel pola explotacións dos xudeus durante a 2ª Guerra mundial. Así mesmo Douglas Blackman, nun libro titulado Escravos con outro nome reivindica a reparación que o goberno de EEUU lle debe á negritude, ao traballo sen remuneración económica.

Galiza pode reclamar un capital que lle foi roubado procedente da emigración, e que se pode contabilizar.

Daquela, Galiza pode reclamar un capital que lle foi roubado procedente da emigración, e que se pode contabilizar. Daquela, eu non pertencía a ningún partido, pero falei cunha persoa recoñecida no ámbito cultural e económico galego. Lembro a cita no Derby de Santiago, tamén o seu comentario, como non se lle ocorrera a el. Quedou encargado. Nunca máis souben do tema.

Non era algo que estivese nas miñas mans. Pero, tal vez no futuro se presente mellor ocasión. A historia non periclita.

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.