Confeso que non son seguidor do festival máis eurohortera mais si fun testemuña do incendio nas redes dos pasados días. Hoxe, por riba, coincidín na peixería co meu veciño Hixinio.
Asistimos estes días a algo semellante (agardo que dure), non pola suba do pan ou o prezo da AP9, senón polos eventos televisivos da pasada semana. Non xulgo, só describo. As cousas populares son, ás veces, inesperadas
O Hixinio é militante e abandeirado profesional. Non é mal tipo, aínda que case sempre o seu amor intensamente celoso pola unión do povo galego resulta nunha rudeza e desamor cos galegos e galegas que facemos parte da unión do pobo galego. Milita en todas as causas xustas pero ten Facebook e responde nas enquisas de La Voz. Ninguén é quimicamente puro, que se lle vai facer.
Hoxe, a Hixinio, case lle da un síncope entre as maragotas e as pescadas. En canto albiscou a miña negra figura buscando produto fresco do mar veu como un lóstrego cara min. Co furabolos como espada de apóstolo e con voz abouxadora de deus vingador, provocando arredor de si bastante rubor. Meu, da xente que agardaba a súa quenda e do medio quilo de xardas, dúas luras, e un lumbrigante que miraban atentos.
Barreiro, viches! Viches! É queeeeee… Esta é a derradeira afronta do españolismo, unha aldraxe, a ofensa última, outra Frouseira, un insulto a este país…. A radiotelevisión imperial… A esquerda españolista… A troika Europea… O municipalismo… Martiño!
E continuou con ira furiosa, poñendo a súa carótide en serios problemas de tensión estrutural:
Este será o derradeiro asoballamento, esta aldraxe vaíselle virar en contra, espertaron do seu soño a Breogán!
De súpeto unha raiola de sol alumeou aquel dedo-florete e Hixinio xurou!
Compañeiro, no abrente deste día, seremos quen de liberármonos das cadeas do imperialismo español e aturuxaremos nunha alba de gloria no Pico Sacro, como xa fixo Castelao no 48! Así cho digo, Barreiro!
A carraxe anegou os hashtags e os trending topic en, polo menos, tres vías: a indignación galaica, o odio dos de sempre e, finalmente, o ridículo dos que demandan a Portugal o que non son quen de exixírenlle a España
Entre divertido e preocupado polo seu ritmo cardíaco asistín, sen meter palabra, a como a peixeira, igualando decibelios, paraba o happening. Hixinio, baixou amolado a mirada para sinalar á maragota que, tiña a boca aberta como estupefacta.
Voulles aforrar a posterior conversa, que xa imaxinan decorreu entre a terra, o tempo, frases do Che e intentos monosilábicos e indisimulados de fuxir de alí. Mais si, o Hixinio deume o pulo preciso a escribir algo do TanxuGate. Xa que logo, os Hixinios non unen pero empurran.
Vanme desculpar a brincadeira parafraseando o título dun coñecido libro do ex-ministro Castells (foi ministro, non si?) mais é ben acaído para o que quero contarlles.
No libro, o sociólogo, explica os movementos populares que cuestionaron, hai uns anos, o estado das cousas en distintos países e como as redes sociais dixitais interconectaron e serviron como medio de propagación e mobilización masiva. A faísca que prende!
Asistimos estes días a algo semellante (agardo que dure), non pola suba do pan ou o prezo da AP9, senón polos eventos televisivos da pasada semana. Non xulgo, só describo. As cousas populares son, ás veces, inesperadas.
A esaxerada diferencia de puntuación entre o (xurado) popular e o (xurado) pagado, quero dicir, profesional, co resultado da eliminación das Tanxugueiras, prendeu nas redes e arderon os bytes. A carraxe anegou os hashtags e os trending topic en, polo menos, tres vías: a indignación galaica, o odio dos de sempre e, finalmente, o ridículo dos que demandan a Portugal o que non son quen de exixírenlle a España.
A nosa cultura popular é tan rica como fascinante, interesa alén da fronteira do telón de grelos e temos aí un potencial que hai que explotar, facer marca propia das nosas industrias creativas. Hai exemplos, Dinamarca co audiovisual ou Bélxica coa banda deseñada.
A nosa cultura popular é tan rica como fascinante, interesa alén da fronteira do telón de grelos e temos aí un potencial que hai que explotar, facer marca propia das nosas industrias creativas. Hai exemplos, Dinamarca co audiovisual ou Bélxica coa banda deseñada.
Interesa tamén a este pobo que ten conciencia de seu, podemos chamarlle nacionalismo, galeguismo ou rexionalismo. Como queiran, cedo ese marco (de momento). O caso é que o sentimento existe, está moi presente na meirande parte de nós e cando alguén ou algo toca ese nervio hai unha reacción muscular espasmódica e brutal.
A cultura popular tratada con dignidade e convertida nun acto ou nun feito cultural de calidade transfigúrase nun potente vehículo de transmisión de valores e de reivindicación do propio. É quen de limpar de complexos e unir a un pobo permanentemente desprezado e maltratado pola metrópole central castelá, o autoodio e as dinámicas centro-periferia. Valoriza un acervo cultural que está fortemente enraizado na sociedade. Transfórmase nun elemento de orgullo e nunha ferramenta de construción nacional-popular que é moi importante.
Este é o nervio que o nacionalismo ten que ser quen de estimular para converter en razóns de voto o espasmo muscular, de xeito que o movemento popular realimente o espíritu de país, a esperanza de que somos quen de nos gobernar e de saír adiante por nós mesmas
Este é o nervio que o nacionalismo ten que ser quen de estimular para converter en razóns de voto o espasmo muscular, de xeito que o movemento popular realimente o espíritu de país, a esperanza de que somos quen de nos gobernar e de saír adiante por nós mesmas. A certeza de que non precisamos tutelas nin paternalismos dun estado cun sistema institucional que da síntomas de esgotamento e que vai a toda máquina cara a máis centralismo, neoliberalismo, depredación e desigualdade. E que tampouco ten ningunha intención de cambiar de rumbo.
O capital cultural é capital político e hai que disputarllo á tecnocracia de San Caetano (non hai mellor exemplo que o Galicia, Galicia, Galicia do amigo de Marcial para corroboralo).
Todo isto explica por que a cultura case non existe nos nosos medios públicos. A que hai é con mínimo tempo de retransmisión e aínda menos recursos e relegada a horarios absurdos nunha segunda canle máis absurda aínda. A G2 é, tal como está, máis inútil que un libro nun cuartel.
O capital cultural é capital político e hai que disputarllo á tecnocracia de San Caetano (non hai mellor exemplo que o Galicia, Galicia, Galicia do amigo de Marcial para corroboralo). Todo isto explica por que a cultura case non existe nos nosos medios públicos
De todos os xeitos o lector ou lectora máis discrepante coa miña visión dos nosos medios pode dicir que, por exemplo, no programa-diplodocus dos venres noite si existe ese espazo. Si, certo, usan o popular reducido a tipismo folclórico, non esquezamos que ese espazo é un exemplo paradigmático (non o único) da utilización da nosa cultura popular como elemento de tracción e arrastre dun público moi receptivo (e preso en termos teóricos), a través dunha enxebrización que é hiperrealista (no termo acuñado por Baudrillard).
As audiencias na Galega constrúense con malla de arrastre, esquilmando o fondo. O que fan é enmarcar o noso cunha combinación de copla, mantilla e peineta española; orquestra, humor vulgar e folclorismo franquista. Ou se prefiren, usan a nosa cultura como rede para que unha vez enganchados coma maragotas recibamos, desprovistos de defensas receptivas a mensaxe que transmiten de pobo dependente e periférico que fai parte dunha cultura que poñen nun chanzo superior e que permea polas fendas dos complexos periféricos como se fora graxa. E non quero entrar na política de salarios, porque aí as diferencias non soben tres chanzos senón un andar.
En realidade a nosa cadea pública que é, evidentemente, vehículo necesario e fulcral na construción nacional funciona como un tren deses de xoguete, se cambias a polaridade da electricidade en vez de ir cara adiante vai cara atrás
En realidade a nosa cadea pública que é, evidentemente, vehículo necesario e fulcral na construción nacional funciona como un tren deses de xoguete, se cambias a polaridade da electricidade en vez de ir cara adiante vai cara atrás. É dicir, coa vía posta para unha cousa fai a contraria, é usada como transmisora dunha cultura allea e colonial, cun desleixo evidente coa nosa que se fai evidente no maltrato diario á lingua.
Confeso, tamén, que non entendo a estratexia da casa coas novas canles, fixeron un streaming en twitch, unha plataforma privada pertencente a unha das multinacionais do video baixo demanda (neste momento competidora), para comentar un programa doutra cadea. No streaming participaban unha serie de persoas que non se sabe se son traballadores ou que tipo de vinculación teñen coa cadea, en que condicións son contratados –se teñen contrato e de que tipo–, canto cobran –se é que cobran– ou cales son as súas condicións laborais e como, quen e porqué decidiu contratalos. Alguén debería preguntar cal é a razón de alimentar unha multinacional, que tanto vende video coma datos masivos, con carto público galego e que valor engade na cadea de produción. Máis iso é outra historia.
E, sospeito, nada diso saberemos nunca. Tampouco os sindicatos nin o consello de administración aos que, por certo, vexo ben tranquilos. Existen, pero pouco.
Eu prefiro quedar coa unidade na defensa do propio que xerou este espectáculo televisivo, coa esperanza de que a faísca prenda e incendie –metafórica e democraticamente– as vindeiras eleccións e coa certeza de que temos futuro e temos pobo
A televisión e a radio pública galegas, secuestradas polo goberno Feijóo e convertidas e medios de propaganda, transmiten o modelo nacional do Partido Popular que é o da España de Franco, folclorista, centralista, hexemónico, depredador e exterminador das culturas periféricas. Esa España que tanto lles presta, de Coroa, misa de doce e bordel ás dez, pero que non é nin grande nin libre mais si unha, aínda que sexa a golpes.
Eu prefiro quedar coa unidade na defensa do propio que xerou este espectáculo televisivo, coa esperanza de que a faísca prenda e incendie –metafórica e democraticamente– as vindeiras eleccións e coa certeza de que temos futuro e temos pobo.
Pecho cunha canción dos Eskornabois que foi convenientemente censurada polo director nun programa senlleiro e global feito polo Centro territorial da televisión española:
Temos pobo, temos fala
Temos moito que dizer
O que digan en Madrid aquí non lles vai valer.