Responsabilidades por actuacións na función pública

Profesionais sanitarios nun hospital de Galicia CC-BY-SA Xunta

“O prezo da grandeza é a responsabilidade”. Winston Churchill

 

Cando unha persoa se dedica a Función Pública (que evidentemente o fai por propia vontade), debe ter responsabilidades. As súas decisiós, según a actitude que tome, afectan a poboación. Debe actuar con coherencia e cos menores danos para as persoas e colectivos. Os cargos políticos, vemos moitas veces, que cambian ou deixan o seu cargo... e do que fixeron NUNCA teñen responsabilidade. Non existe un mecanismo para pedir responsabilidades pola súa actuación na vida pública.

Cando o expresidente da Xunta Núñez Feijoo, opta por marchar a Madrid, quedan secuelas das decisións que tomou nos seus 13 anos de goberno. Unha decisión do máis dramática, foi (e é) o desmantelamento sistemático da Sanidade Pública na Galiza. Nin as mobilizacións na rúa, nin as “negociacións” no Consello Técnico de AP de Galicia, nin nas xuntanzas con diferentes colectivos, nin nas Xuntas de Persoal das diferentes Áreas Sanitarias, etc. consiguéuse unha verdadeira posta en marcha de medidas que favorezan o desenrolo da Sanidade. O revés, casi todalas medidas que adopta o executivo galego son para dicir que fan...sin facer nada ou o que fan é unha “maquillase” do que se debería facer.

Profesionais sanitarios nun hospital galego © Xunta

As decisións tomadas no tema das Residencias de Maiores, foron nefastas, con miles de mortxs e vemos que ninguén se fai responsable do sucedido. Non vale dicir que “o fixemos mellor que outrxs” ou a “culpa é de tal ou cal”. Os feitos son os que son é o/a que toma as decisións, ten que ser consciente de que poden non ser as correctas e que o que deciden “ten secuelas” e moitas veces págase ca vida ou ca morbilidade, física ou mental. 

Cando se dí que se fan Hospitais Públicos e logo sabemos que o goberno da Xunta ten que pagar un cánon anual de moitos millóns de euros, algo non encaixa...por moito que se poñan carteis inmensos dicindo que son “Públicos”. A evidencia é outra.

Agora dín que “non temos Médicxs” e diríxense ao goberno central para solicitar máis MIR, cando saben que non se lles poden conceder: por non ter Unidadeds Docentes para poder formalxs...pero á vez, o goberno da Xunta, convoca 106 prazas de “Especialista de Atención Primaria” (o servizo máis necesitado de profesionais dende fai moitos anos, por culpa dos tremendos recortes do PP neste nivel asistencial). O argumento, queda invalidado cos feitos: si podes convocar 106 prazas, por que non convocas 1.000, que son as que estima a Plataforma SOS Sanidade Pública de Galicia para poder atender ás persoas, cunha mínima calidade asistencial. Son capaces de incorporar Médicxs como Técnicos de Saúde (ata 140) o que implica: que si queren, poden!

A pregunta que nos facemos moitxs, é por qué xs profesionais sanitarios, prefiren outros lugares e marchan da Galiza? despois de que ésta comunidade xs forme (con moitos cartos públicos) e á hora de contratalxs nin lles dá estabilidade nin un salario digno. E por riba, siguen perdendo poder adquisitivo ano a ano como o demostra o feito de que o expresidente Feijoo, conxelou o salario dxs traballadorxs sanitarixs. Xs profesionais que estiveron o pé do cañón e en primeira liña asistencial, cos riscos e consecuencias que tivo para moitxs, viron como perdían días de Libre Disposición, ou o Complemento Específico e reciben salarios que non medran o que medra o IPC.

Cando se dí “que se baixen os impostos”, nunca se ten en conta que ístos sirven para financiar a Sanidade, a Educación, as Residencias de Maiores, etc. e claro, si “non temos cartos” para invertir en servizos públicos, éstos deterioranse e así xa temos a disculpa para privatizalos… ista é a Lei do Servidor Público que só beneficia a privada! 

As decisións teñen consecuencias e deberían ter responsabilidades!

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.