Riscos da Atención Primaria en Galicia

CC-BY-SA Praza Pública

Si jo l'estiro fort per aquí i tu l'estires fort per allà, segur que tomba, tomba, tomba, i ens podrem alliberar. (Se ti a estiras forte por aquí e eu a estiro forte por alá, seguro que cae, cae, cae, e poderemos ceibarnos). Lluís Llach i Grande, Xirona 1948, músico e cantautor catalán.

 

A AP ten que ter recursos. Na Galiza, éstos son escasos e mal dimensionados. O orzamento, é moi baixo, 14%, para atender o 80% da poboación. É unha evidencia a falta de Médicxs, Pediatras e Enfermeirxs (entre outrxs) tras os recortes efectuados por Feijoo nos 11 anos que leva gobernando o País. Nos Centros de Saúde (CdeS) o persoal e equipamento é escaso e con limitacións de acceso a probas diagnósticas e terapéuticas. Os Equipos de AP non contan cxs profesionais necesarixs para atender a demanda; non hai en TODOLOS CdeS: Fisioterapia, Traballo Social, Odontoloxía, Logopedas, Atención Temperá, Psicoloxía Clínica, Farmacia Clínica, que deberían estar presentes, para dar unha Atención Integral ás persoas, tanto ás enfermas, como ás sans que precisan dos controis oportunos para que non enfermen. Con consultas masificadas pola falta de persoal, é imposible realizar unha atención digna. O resultado desta mala xestión é a perda de calidade, irracionalidade na atención e a falta de capacidade resolutiva.

A medicina actual, está enfocada a MEDICALIZACIÓN. Está orientada á “curación” da enfermidade. Non se realiza Promoción de Saúde, Prevención das Enfermidades e Rehabilitación (Atención Integral). Nos CdeS a demanda nas consultas é exceiva (pola falta de persoal) o que leva a masificación das mesmas e a un escaso tempo de atención. Non se fai intervención sobre os determinantes de saúde, tanto persoais, sociais e ambientais. O resultado é unha atención ineficiente, iatroxenia, morbilidade e frustración do persoal e da poboación. As normas da administración levan ao enfrentamento estre xs pacientes e xs profesionais!

Na COVID-19, perdéuse a ACCESIBILIDADE para recibir atención. A asistencia, basada no control da demanda, limita o fluxo de pacientes aos CdeS (coa desculpa de “evitar contaxios”). Xs profesionais solicitan axendas de non máis de 30 consultas diarias, que se sobrepasan todolos días. Dar “prioridade” a consulta telefónica e telemática en detrimento da presencial, impide o contacto directo profesional/paciente; limítanse as urxencias; as visitas domiciliarias dxs crónicxs, encamadxs, discapacitadxs ou terminais, fanse máis difíciles. Existen listas de agarda de varios días e incluso semáns, para consultas telefónicas e presenciais. Hai colas fora dos CdeS… O abandono das persoas internadas nas Residencias (durante e despois da pandemia) é inhumano, chegando a perder o seu dereito aos coidados de AP. O resultado é o incremento das listas de agarda, a deterioración da relación profesional/paciente, a perda da continuidade asistencial e a falta de dignidade na atención. O desmantelamento da AP é evidente!

Outro risco importante é a deficiente relación da AP cos servizos hospitalarios. Impide o control e seguimento dos procesos asistenciais, desaparece a continuidade na atención e aumenta a comorbilidade dxs pacientes. Non hai relación entre a AP e os Servizos de Saúde Pública, imprescindibles para a prevención e control de epidemias, pandemias e riscos ambientais,

Outro risco é a desconexión entre a AP e o Sistema de Atención á Dependencia. A inexistencia de instrumentos legais para relacionar os CdeS coas administracións locais, cas organizacións sociais ou cos servizos educativos, imprescindibles para actuar sobre os determinantes de saúde (alimentación sa, exercicio físico saudable, riscos ambientais, educación sanitaria…). Existe una ausencia evidente da participación social na toma de decisións sanitarias. O resultado é a imposibilidade de previr e enfrontarse a enfermidade e de actuar sobre os determinantes da saúde.

Ou se corrixen estos Riscos na AP ou o futuro da Sanidade Pública na Galiza é moi sombrío.

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.