Resulta moi preocupante que mentres as sinais de que estamos as portas dunha nova crise son cada vez mais contundentes altos responsables políticos españois, todos aspirantes a gobernar logo do 10N, e tamén galegos segan negando estas evidencias. Resulta moi preocupante pois parecera que imos cara os mesmos e graves erros que se cometeron nos anos 2008 e 2009 cando coa crise financeira chamando a porta os gobernos español e galego seguían repetindo aquilo de que España e Galicia estaban na mellor posición para evitala crise. E logo pasou o que pasou, que a improvisación e as malas prácticas converteron o que era unha crise financeira nunha grande recesión cos efectos e as consecuencias de todos coñecidos e sufridos.
Por que si, estamos as portas dunha nova crise. Unha crise, nembargante, diferente a anterior por que agora, en termos macroeconómicos, estamos diante dunha crise de oferta, de ingreso que non de gasto, de produción que non de consumo. Unha crise na que se acumulan os riscos.
En primeiro lugar está a guerra comercial Estados Unidos-China que fai cambalear a economía mundial. Esta guerra comercial entre as dúas primeiras potencias está xa afectando a comercio de outras economías relevantes, velaí o caso de Alamana a terceira potencia comercial do mundo que está as portas dunha nova recesión. Tamén está afectando a produción mundial xa que por mor desa guerra comercial grandes multinacionais estadounidenses e chinas vense obrigadas a buscar novas cubicacións cos efectos recesivos conseguintes na produción por mor dun alza nos custos de produción. Estamos, xa que logo, diante dunha guerra comercial que se vai a estender a toda a economía mundo e que vai ter efectos recesivos no comercio e a produción mundiais. Unha guerra comercial que carrexará “consecuencias non desexables” como por caso o auxe da fame no mundo xa que os países mais vulnerables nun 90% dependen do comercio internacional de alimentos que se verá afectadas pola guerra comercial.
Outro dos factores de risco está no impacto que as novas tecnoloxías ten na produción mundial. O grande desenrolo das novas tecnoloxías (vid. ALBINO PRADA: Crítica del hiper-capitalismo digital. Editorial fundación 1º de mayo) está provocando elevados desaxustes produtivos en moitas e relevantes empresas que non parecen quen de axustar a súa produción as novas realidades tecnolóxicas. En moitos casos por mor de que estas empresas maioritariamente en vez de investir as súas ganancias en mellorala súa competitividade destináronas a compra de accións.
Esta ultima practica das grandes empresas impacta nos mercados financeiros pero neste caso non afecta ao bancos, como pasou na crise de 2008, senón que agora atinxe a Bolsa. A burbulla especulativa sobre a que veñen cabalgando as grandes empresas que, como sinalaba, preferiron investir en Bolsa antes que en melloras na produtividade, vai rematar estourando e provocando desequilibrios relevantes nos balances daquelas por unha caída no valor das súas accións. Desequilibrios de capital que terán, con toda seguridade, efectos recesivos sobre a produción e negativos sobre o emprego. As reformas laborais neoliberais lles facilitarán unha saída a costa de disparar o desemprego.
Centrándonos en Europa a nova crise verase estimulada ademais non so polos efectos negativos do Brexit sobre o comercio interior senón, fundamentalmente, polo esgotamento das irresponsables políticas seguidas hasta agora na Eurozona. A aposta exclusiva polas políticas monetaristas derivou nun grande enfeblecemento económico que está afectando xa a produción. Os efectos negativos do Brexit virán tanto pola vía do comercio como polo feito de que os mercados financeiros británicos tiveron ata agora un papel relevante no mercado de capitais europeo e o Brexit seguramente fará que diminúa a liquidez en Europa.
Tampouco se debe menosprezar o impacto que no mercado mundial do petróleo está provocando a agresiva política ofensiva dos Estados Unidos contra Irán e Venezuela. Dado o peso que estes dous países teñen na produción e no comercio mundial de petróleo de ir a mais a tensión os efectos sobre o mercado da enerxía serán inmediatos. Non hai moito que subliñar sobre o risco que unha suba relevante no prezo do petróleo tería para a economía mundial.
Neste contexto e no que fai referencia a España sería desexable que os partidos que aspiran a gobernar logo do 10 N expuxeran con claridade as súas alternativas diante do que se anuncia como eminente. Pero, saben que estamos as portas dunha nova crise?