Saneamento si, pero non así

A auga e o saneamento son esenciais para a vida e deben considerarse como un ben común e un dereito humano básico, polo que esixe un modelo de xestión que non se subordine  á obtención de beneficio privado e  que garanta a calidade do servizo, a eficacia, a solidariedade, a equidade, a transparencia, e o control democrático dos operadores dos servizos de auga e a conservación dos ecosistemas acuáticos. Este modelo só pode ser garantido plenamente  a través da xestión 100% pública do ciclo integral da auga.

O accionariado privado exerce a xestión do servizo, monopolizando a información e asegurándose a competencia exclusiva da xestión da sociedade e en particular, das subcontratacións, contratacións e compras

Nos últimos anos  os servizos da agua  transformaronse en negocios privados, ben a través da concesión do servizo a empresas privadas, a cambio de que estas paguen o chamado canón concesional, ou ben mediante a constitución de empresas mixtas, de natureza público-privada, que comporta sempre a asunción de responsabilidade  por parte da entidade pública e dos beneficios para o socio privado como ocorre no caso de Emafesa.

En ambos os casos o accionariado privado exerce a xestión do servizo, monopolizando a información e asegurándose a competencia exclusiva da xestión da sociedade e en particular, das subcontratacións, contratacións e compras. Todo isto fai que desaparezan así os concursos públicos e  asegúranse grandes beneficios, tanto por compravenda de bens e servizos a empresas do seu propio grupo (mediante adxudicacións directas) como pola utilización dos medios públicos da concesión para traballos particulares do propio concesionario como é o caso de Ferrol, coa ignorancia do propio concello. Recordemos que as analíticas na chamada "críse da agua" fixeronse entre valladolid e Castellón estando a cidade tres días sen auga.

Sabemos que é imprescindíbel para a nosa ría que empece canto antes o seu saneamento, pero tamén sabemos que non podemos hipotecar máis o futuro con Socamex-Urbaser que foron os que nos teñen cobrado por servizos inexistentes

En Ferrol, despois da chamada crise dos "trihalometanos", a veciñanza non pode aceptar que quen nos estafou e enganou coa depuradora e co cobro dun servizo que non se estaba prestando (desde desde agosto de 2014 a setembro de 2015), sexan agora os que xestionen o servizo de depuración.  Sabemos que é imprescindíbel para a nosa ría que empece canto antes o seu saneamento, pero tamén sabemos que non podemos hipotecar máis o futuro con Socamex-Urbaser que foron os que nos teñen cobrado por servizos inexistentes. Por iso reclamamos que se remunicipalice xa o servizo e se leve a cabo unha xestión pública democrática e transparente do ciclo da auga en Ferrol. Quitemos xa as grandes multinacionais da xestíon da auga. Saneamento si pero non así

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.