“Crer no sentido común é a primeira falta de sentido común”. Eugene O'Neill (1888-1953). Dramaturgo estadounidense. Premio Nobel de Literatura en 1936.
O Debate sobre o Estado da Autonomía na Galiza, de abril do 2026, consolidou o discurso de Alfonso Rueda, enfocado, según él “na estabilidade, na xestión moderada e na reivindicación de gobernar con sentidiño”
O Debate sobre o Estado da Autonomía na Galiza, de abril do 2026, consolidou o discurso de Alfonso Rueda, enfocado, según él “na estabilidade, na xestión moderada e na reivindicación de gobernar con sentidiño”.
Dende a oposición e diferentes sectores de opinión, deixóuselle claro que a política que leva facendo o PP nos últimos 17 anos, levan á Galiza a un declive evidente en materia sanitaria e que si continúan ca súa ideoloxía de desmantelamento e privatización do Sistema Sanitario Público, tal e como o coñecemos, levaranos a unha Sanidade do terceiro mundo. A cidadanía perde dereitos sanitarios día a día e os que poden, acuden á privada para solucionar o ben máis preciado que teñen: a súa saúde!
Como se explica que os recortes do PP durante 17 anos, deixen á Galiza co número de camas hospitalarias más baixo dende 1999? O Instituto Galego de Estatística, ven de publicar este informe onde aprecia que temos 3,27 camas por cada 1.000 habitantes no 2026, frente a 3,6 que tiñamos en 1999. A media europea está en 5,1.
Como se explica que a AP, teña o 28% de prazas vacantes nos Centros de Saúde. Según o Consello de Contas a inversión en AP na Galiza é do 12%, moi lonxe do recomendado pola OMS que é do 25%. É ísto gobernar con sentidiño? Temos que sufrir os Galegos a neglixencia deste goberno do PP en materia sanitaria e padecer os colapsos diarios para ser atendidos no SERGAS? O PP ten unha estratexia: favorecer os intereses dunha clase política, que non sufre desa “incompetencia” do día a día, pois acuden á privada, moitas veces relacionada ca inversión dende o Público a cambio do seu apoio ás políticas neoliberais do PP.
A cidadanía perde dereitos sanitarios día a día e os que poden, acuden á privada para solucionar o ben máis preciado que teñen: a súa saúde!
Como é posible, según o Sindicato Médico de Granada, que os Residentes de Galicia de Primeiro e de Segundo ano, despois de 6 duros anos de estudo de Medicina, cobren menos que o Salario Mínimo Interprofesional? 1.152 e 1.207 €/mes. Somos a CCAA que menos paga aos seus Residentes... Que “sentidiño” ten?
A Saúde Mental é un problema de enorme magnitude na actualidade. Na Galiza, seguimos esperando polo anhelado Plan de Saúde Mental, consensuado, que permita saír do estancamento, no que se encontra a xente que precisa deste servizo. Temos 26 Psicólogos Clínicos para todo o País. Un Psicólogo Clínico para 103.846 persoas! Ten esto sentidiño? Rueda prometeu 2 Psicólogos máis na AP...para 400 Centros de Saúde...A ratio é de 6 Psicólogos Clínicos por cada 100.000 habitantes. No estado estamos en 9-12 e na Unión Europea 19.
Que País pode soportar ter a 49.554 persoas nunha Lista de Agarda para cirurxía a finais do 2025? Dados do Ministerio de Sanidad. Ten algún sentidiño?
Pero cando falamos de Incompetencia ou Estratexia, temos que referirnos a Débeda Pública. O que gasta o PP na Galiza é moito máis do que ingresa (cun orzamento para 2026 de 14.000 millóns de €). Si non teñen “problema de chequeira” (Rueda dixit), que sentidiño ten? Según dados do Banco de España, a 31 de decembro do 2025, o endebedamento era de 12.010 millóns, 8.056 millóns de € máis que fai 17 anos...Pero as falcatruadas non quedan aquí: no ano 2022, a Xunta, deixou sin executar máis da metade dos fondos europeos dispoñibles. Ten ísto sentido? E inda por riba, rexeitan a condonación da débeda de 4.010 millóns de €.
Dende a oposición e diferentes sectores de opinión, deixóuselle claro que a política que leva facendo o PP nos últimos 17 anos, levan á Galiza a un declive evidente en materia sanitaria e que si continúan ca súa ideoloxía de desmantelamento e privatización do Sistema Sanitario Público, tal e como o coñecemos, levaranos a unha Sanidade do terceiro mundo
Rueda no debate do Estado da Autonomía do 2024 dixo: “crearemos 24 centros de maiores, con 1.800 novas prazas de atención, en concellos de menos de 50.000 habitantes…”. E que casualidade: dixo o mesmo no 2025… Ademáis de tomarnos por parvos, pensa que non temos memoria e que pode seguir embaucando á xente...pero xa non cola!
E a última ocorrencia destos “bos xestores” é o tema das Baixas Laborais. Rueda, ten unha teima importante para tomar sempre medidas que perxudican aos traballadores e benefician ás clases máis favorecidas. Esta medida, pon en cuestión a actitude dos Médicos (que os volve a poñer no disparadeiro da opinión pública) e a dos traballadores (ós que considera vagos e faltos de profesionalidade). Tamén pon en cuestión o Sistema de Inspección co que conta o SERGAS. Ademáis, dalle ás Mutuas (de carácter privado, claro) a capacidade de propoñer as Altas por riba da propia Inspección. Dados da Autoridad Independiente de Responsabilidad Fiscal.
Ten todo ísto sentidiño ou Eugene O'Neill tiña razón?