Seguir avanzando ou retroceder

Dous traballadores da fábrica de automoción Stellantis en Vigo cun vehículo en construción © Stellantis Vigo

Se atendemos as evidencias resulta claro que nas eleccións xerais do 29 de novembro vaise decidir si España segue avanzando ou retrocede décadas. Por que independentemente das criticas que se lle poden facer este goberno de progreso (PSOE+Sumar) está conseguindo importantes logros a nivel macroeconómico e social como así o evidencian as principais estatísticas

Se atendemos as evidencias resulta claro que nas eleccións xerais do 29 de novembro vaise decidir si España segue avanzando ou retrocede décadas. Por que independentemente das criticas que se lle poden facer este goberno de progreso (PSOE+Sumar) está conseguindo importantes logros a nivel macroeconómico e social como así o evidencian as principais estatísticas.

 

Melloras no mercado laboral

Durante décadas o principal problema macroeconómico de España estivo focalizado nun mercado de traballo lastrado por uns datos de desemprego e precariedade laboral que estiveron sempre moi por riba da media na Unión Europea. Un elevado desemprego derivado das ferras posturas dunha clase empresarial con mentalidade franquista e pouca disposta a aceptar a negociación e a colaboración entre os axentes sociais que, por caso, existen en moitos estados da Unión Europea. Unha clase empresarial para a que o despido é a solución aos problemas laborais da economía española.

Precisamente un dos grandes méritos do goberno de progreso foi o subsistir esa dinámica conservadora polo diálogo e os acordos entre os axentes sociais. Unha estratexia que tivo un importante impacto positivo no mercado laboral como así reflicten as estadísticas que nos sinalan como nestas dúas lexislaturas o incremento do número de empregos en España estivo preto dos 3,5 millóns (97.000 en Galicia) repartíndose entre 1,6 millóns no caso dos homes (18 mil en Galicia) e 1,9 millóns nas mulleres (79 mil). Resultados espectaculares pois supón un incremento global do emprego do +17,8% no caso de España e +9% en Galicia (este mais modesto: a metade). Un incremento no número de empregos que tivo a súa correspondencia na caída do número de parados: 1 millón en España (-30%), 75.000 en Galicia (-42%), o que permitiu que a taxa de paro se colocara, logo de décadas, por baixo dos dous díxitos : 9,9% de España, 7,9% de Galicia. Unha mellora no mercado laboral que permitiría reducir a lenda coa zona euro de 9 a menos de 4 puntos, mellora que, a pesar diso, non pode disimular que aínda estamos lonxe dos parámetros europeos.

Si agora analizamos a evolución dos salarios atopamos claros e escuros. O salario anual medio a tempo completo foi de 35.076 euros en 2025 (estimado) e 29.540,26 euros en 2024. Valores que en términos nominais (sen descontar a inflación) supuxeron uns incrementos medios anuais do 6,5% e do 4%, pero que en términos reais (descontando a inflación) supón que no ano 2024 o salario anual medio a tempo completo aínda non recuperara os valores de 2018 (96,8%) e que en 2025 o incremento medio anual foi de apenas o 1%. Datos que poñen as claras dúas evidencias: a primeira que o incremento do emprego esta sendo a costa de axustes salariais, a segunda que ten lugar maiormente nos traballos mais precarios -salarios mais baixos, empregos de baixa calidade e con escaso valor engadido-. Neste marco compre, a pesar diso, facerlle xustiza ao goberno de progreso e subliñar que sin, por caso, os incrementos no SMI (735,9 euros no 2018, 1.184 no 2025: un 121% en términos reais) posiblemente os axustes salariais serían superiores. Asi mesmo que non caben dúbidas de que o reponte inflacionista está castigando duramente ás rendas do traballo como tamén que cabe preguntarse si o actual modelo laboral non está dando claras sinais de esgotamento.
 

Unha das economías europeas que mais medra

Os bos, magníficos, resultados no emprego están impulsando o crecemento económico -unha circunstancia que tira por terra algúns dogmas neoliberais sobre a relación inversa entre crecemento económico e emprego, por caso, a Lei de Say- e así o confirman organismos internacionais como o FMI quen nos seus últimos informes sinala que “a expansión na eurozona está sendo impulsada principalmente por unha recuperación moi sólida en Irlanda e polo dinamismo sostido en España”. Os datos avalan o diagnóstico do FMI: o PIB español tivo nestes anos de goberno de progreso un crecemento medio en termos reais (descontando a inflación) do 1% de forma que a economía española foi quen de recuperarse do brutal impacto da pandemia no 2020 (PIB: -10,9%). Un crecemento que se sitúa entre os mais elevados da eurozona e que se ve apoiando no consumo privado que, coa colaboración do investimento privado, está resultando seren o principal motor da economía española permitindolle a esta manter un crecemento sólido

Entre as luces están o crecemento do emprego, a conseguinte caída do desemprego e a fortaleza da demanda interna, entre as sombras a elevada precariedade laboral, a baixa produtividade, as incertezas sobre o sector exterior derivadas do contexto internacional, o perigo inflacionista e a persistente desigualdade

Un difícil contexto exterior

Este escenario macroeconómico positivo, que ven supoñendo indiscutibles avances como o xa citado do emprego ao que habería que sumar o de benestar, pódese ver modificado por mor de factores tanto externos como internos. En relación ao primeiro resulta preocupante a situación macroeconómica a nivel internacional que se ve castigada tanto por políticas económicas erróneas -os aranceis de Donald Trump, a volta a políticas proteccionistas, a teima da Unión Europea por continuar cos axustes e os recortes, a aposta pola financiarización e a economía de guerra...-, como pola agudización dos problemas derivados da mundialización neoliberal -desigualdade, cambio climático- e o crecemento das tendencias disgregadoras e insolidarias -velaí a crise dos organismos de “cooperación” internacional creados logo da II guerra mundial: FMI. BM. OMC....-. Factores políticos que crean un escenario internacional cheo de incertezas que viñeron a ampliarse polas guerras en Ucraína e Irán que dispararon a inflación, pola suba do prezo nos cereais e nos carburantes, o que levou as autoridades monetarias a subilos tipos de xuro e a restrinxir a oferta monetaria co conseguinte impacto sobre o consumo e o investimento.

Un contexto exterior difícil que se ven arrastrando dende fai varios anos, que afecta a economías antano poderosas, velaí o caso de Alamana, o que fai aínda mais meritorios o desempeño positivo da economía española e o acerto do goberno de quenda ao apostar por políticas económicas expansivas que, hai que recoñecelo, están tirando por terra moitos dos dogmas neoliberais. 

 

Luces e sombras

Volvendo a realidade da economía española hai que subliñar que a nivel macro esta presenta tanto luces como sombras. Entre as luces están o xa citado crecemento do emprego, a conseguinte caída do desemprego e a fortaleza da demanda interna, entre as sombras a elevada precariedade laboral, a baixa produtividade, as incertezas sobre o sector exterior derivadas do contexto internacional, o perigo inflacionista e a persistente desigualdade que xunto a outros factores poden nalgún momento facer variar o rumbo positivo da economía española. Entre estos últimso está a evolución dos prezos marcada pola tendencia alcista nos mercados da vivenda, tanto de venda como de alugamento, dos carburantes e dos alimentos e que está afectando tanto a renda dispoñible como ao benestar dos fogares con menores rendas.

Neste escenario de luzes e sombras non se debe perder vista a situación da débeda pública. A mellora do emprego, a alza na recadación e o crecemento da economía lle permitiron ao goberno español reducir a débeda pública hasta o 100,7% do PIB (2025) que aínda estando por riba da media na eurozona (87,4%) foi quen de diminuíla lenda anterior ademais de superar os efectos da pandemia cando pasara do 97,7% ao 119,3%. Un dato a valorar pois resulta que España ven sendo practicamente a única economía da eurozona que esta baixando o seu rateo de débeda. Tampouco a citada situación dos prezos xa que aínda que España está conseguindo controlala inflación as presións externas, derivadas dos factores antes sinalados, e internas, por mor de problemas estruturais como o oligopolio de determinados servizos, supoñen importantes ameazas.

Seguir avanzando ou retroceder

A economía española precisa seguir avanzando para o que aparece como imprescindible tanto manter moitas das políticas macroeconómicos aplicadas durante estas dúas lexislaturas como amplialo foco a corrixir algúns dos déficits mais relevantes

Sempre movéndonos no escenario macroeconómico resulta evidente dados os resultados que a economía española precisa seguir avanzando para o que aparece como imprescindible tanto manter moitas das políticas macroeconómicos aplicadas durante estas dúas lexislaturas como amplialo foco a corrixir algúns dos déficits mais relevantes. En relación ao primeiro punto subliñar que a economía española precisa de que se siga apostando por políticas económicas expansivas -de demanda- o que supón un camiño contrario ao que están propoñendo as dereitas extremas se chegan a gobernar (“haberá que facer sacrificios” Alberto Nuñez Feijoo) xa que suporía non so parar o crecemento económico e a creación emprego senón tamén retroceder décadas en materias como a igoaldade e o benestar social.

Paralelamente hai que poñelo foco nas debilidades xa sinaladas do mercado laboral (precariedade, falta de cualificación,...) para o que se debe avanzar chanzos no diálogo social -xa é tempo de poñelo foco en experiencias europeas positivas de diálogo social como, por caso, a alamana onde grandes empresas practican a coxestión, a metade dos postos do consello de administración están ocupados por representantes dos traballadores, o que leva a que en caso de crise destas empresas as partes acepten rebaixas salariais antes que despidos-. Outro menor non menor é aumentala produtividade (cualificación profesional, investimento público en NTC e en IA), entre outras razóns para unha maior apartación da demanda externa ao crecemento económico e a creación de emprego. Obxectivos que tamén precisan de ir reducindo a desigualdade social (blindar as pensións públicas) e territorial (revisar o actual modelo de financiamento territorial para un maior equilibrio).

O posible esgotamento do actual modelo laboral e a baixa produtividade da economía española poñen no foco a necesidade de cambios no modelo produtivo actual -desindustrialización e terceirización- para camiñar a outro que potencie o mercado e a demanda internos ao tempo que poña no foco a defensa do medio ambiente para o que sería preciso potenciar aínda mais os sectores das enerxías renovables.,

Como sinalei antes, o reponte inflacionista actual pode poñer en perigo ao boa marcha da economía española e aínda que son mais os factores externos os que o provocan -guerras en Ucraína e Oriente Medio que impactan nos prezos dos alimentos e os carburantes- non se debería ignorar o impacto que as prácticas oligopolistas das grandes empresas de servizos -banca, enerxéticas, eléctricas...- teñen nas alzas dos prezos. Un impacto que é necesario reducir con fortes actuacións públicas -claro que esto depende da correlación de forzas no Parlamento-. 

Finalmente sinalar que estas políticas expansivas precisan dunha reforma fiscal progresiva -aínda pendente- que incremente a progresividade tributaria, que iguale a fiscalizade entre as rendas de capital e de traballo, que remate cos privilexios fiscais e que emprenda unha loita decidida contra a fraude e a elisión fiscais.

Pensando nas eleccións xerais do día 29 tratase de que os cidadáns decidamos entre seguir avanzando ou retroceder décadas

En definitiva e pensando nas eleccións xerais do día 29 tratase de que os cidadáns decidamos entre seguir avanzando ou retroceder décadas. Avanzar supón acentuar as políticas económicas actuais, que executou o goberno progresista (PSOE+Sumar) co apoio das forzas de esquerda (BNG, BILDU, Compromis, Comúns....), retroceder sería optar polas vellas políticas neoliberais (recortes, privatizacións, desigualdade, corrupción...) que defenden as dereitas (PP, Vox). 

Para empezar as/as cidadáns/as temos a palabra o vindeiro 29. 

 

P.D.: Un maior detalle das propostas de política económica esixiría para a súa correcta explicación moito mais espacio do que xentilmente me presta Praza Pública. Espero, non obstante, que as ideas centrais quedaran claras.

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.