Simulacro de liberdade e igualdade

Caprichos do destino, ou casualidades da vida, coincidiron no tempo o Día dos Dereitos Humanos co funeral de Mandela. Nesta despedida, mesturáronse os puños en alto do pobo surafricano, coa ansia por saír na foto daqueles que ata non hai moito lle apertaban os encadeados, ou colocábanlle o cartel de ”terrorista”.

Nesta despedida, mesturáronse os puños en alto do pobo surafricano, coa ansia por saír na foto daqueles que ata non hai moito lle apertaban os encadeados, ou colocábanlle o cartel de ”terrorista”

O final dos actos de homenaxe coincidirá co son das sereas anunciando que rematou o simulacro de igualdade e liberdade. Estes escuros gobernantes, pouco ou nada aprenderon de Madiba. O único que anhelan da súa figura, é a capacidade de liderado e a admiración que desperta en todo o mundo, sen pararse a pensar que eso é tan só consecuencia directa daquilo que eles non practican: o tesón, a forza e valentía que amosou para facer do seu, un país máis libre e igualitario.

Así pois, cando os altos cargos abandonen África, o continente volverá a transformarse en cabaza. Seguirano deixando morrer de fame espoliando os seus recursos naturais, tapando os ollos ante a desesperación e a pobreza, e maltratando aos que intenten fuxir da miseria. Volverá en fin, á anormal normalidade de ser o “continente esquecido”.

Cando os altos cargos abandonen África, o continente volverá a transformarse en cabaza. Seguirano deixando morrer de fame espoliando os seus recursos naturais, tapando os ollos ante a desesperación e a pobreza

Na viaxe de volta, os documentos destinados a seguir dirixindo con man de ferro as políticas baseadas na desigualdade, en saltarse á torera a Declaración dos Dereitos Humanos, en recluír en cárceres inhumanas a activistas políticos, ou en firmar sentenzas de morte sen que lles trema o pulso, mesturaranse con algunha lista de ilustres invitad@s a unha gran cea benéfica.

Non escaparemos no noso país a esta marea de hipocrisía, falta de respecto, e jeta, porque se manterán as políticas insolidarias e discriminatorias, de coitelas nas fronteiras, de dramáticos recortes na axuda ao desenvolvemento, do apartheid sanitario, e do enterramento da memoria d@s perseguid@s, torturad@s e asasinad@s pola ditadura. Seguirán sen se garantir ás familias o aceso a bens tan esenciais para a vida como son a auga e a enerxía. E coa caridade por bandeira, e a Lei de Seguridade Cidadá como mordaza ás protestas, tentarán temperar conciencias e pechar bocas. Será hora entón de que o pobo che fagamos Madiba, a homenaxe que de verdade mereces, que non é outra que a de recuperar a nosa autoestima como cidadáns, poñendo en valor o teu legado.

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.