Aquel día levanteime de madrugada para chegar a tempo. O tren saía ás 6h, así que debía estar na estación con antelación. Facía frío e a néboa era moi espesa. Alí, na estación, o meu amigo máis eu mercamos os billetes do tren máis rápido (e máis caro, claro). Alí estabamos os dous, intentando lidiar cunha señora que solo falaba o seu idioma: polaco.
Sentámonos e, durante o traxecto abrín a aplicación do trabajo para solicitar o día por asuntos propios, pois era o último día para poder facer isto. Chegamos a Varsovia sobre as 8h e o Google Maps indicaba que a embaixada española estaba como a unha media hora a pé, así que aló fumos bulindo. Abren de 9 a 13h, así que tampouco podiamos perder tempo.
Xa tiñamos solicitada a información do que había que levar e facer. Porén, outros atoparon algún que outro problema burocrático. Se queríamos solicitar o voto por correo tíñamos que rexistrarnos como residentes temporais. E iso fixemos. Traíamos os papeles preparados da casa coas correspondentes fotografías. Sorteamos unha ducia de persoas que estaban a cubrir os formularios e entregamos todo. Informáronnos de que a partir de agora deberiamos esperar nos nosos domicilios o sobre coas papeletas. Voltamos á estación, pero esta vez á de bus. Pois a diferencia de precio nótase, así como a diferencia de tempo. Ás 21h xa estabamos por fin de volta en Cracovia.
O último día antes de rematar o prazo, chegou o sobre. Metín a papeleta mellor válida (ó meu parecer, claro está) dentro. Fun á oficina postal, paguei o correspondente e funme. A esperar.
O final deste proceso xa sabes cómo é. Que teño que repetir a xogada porque Os Inútiles Eses non teñen interés polo seu traballo. Pois non. Non me da a gana. Non penso volver a solicitar un día no traballo e pagarme un tren de ida, un bus de volta e se pago en Correos será por enviar unha postal ós meus. ¿Para qué? Se ese era o seu obxectivo, conseguírono.
Pasados uns meses, un día falando cunha amiga de Romanía, cóntolle que outra vez imos ter eleccións en España. Que é unha vergoña. E ela dime que, casualmente, no seu país terán eleccións o mesmo día. Obviamente pregunteille se ía votar e se tiña que ir á súa embaixada en Varsovia. A resposta deixoume “a cuadros”: “Non, non. ¿Por qué a Varsovia? A nós facilítannos locales en distintas cidades de Polonia. Eu non teño que rexistrarme, simplemente no grupo de Facebook da embaixada confirmar que asistiréi e, unha vez no sitio, ensinar o meu DNI, votar e irme”.
Fin da cita.