Yolanda Díaz, ministra de Traballo nun goberno de Pedro Sánchez con catro vicepresidencias
Quen fora líder de EU, edil en Ferrol e deputada de AGE terá baixo a súa responsabilidade aplicar o amplo capítulo laboral do acordo da coalición de PSOE e Unidas Podemos. Pablo Iglesias é ratificado como vicepresidente e responsable de políticas sociais, con Irene Montero como ministra de Igualdade, Manuel Castells de Universidades e Alberto Garzón, de Consumo