Solucións aos desafiuzamentos

O agravamento da crise e máis a reforma financeira (que obrigou a Banca a provisionar os seus activos sobrevalorados, incrementando deste xeito as execucións hipotecarias que antes non lles interesaba instar) xerou unha multiplicación dos desafiuzamentos. Moitos deles, porén, teñen a súa orixe na falla de pagamento dos alugueiros e todos han constituír unha prioridade máxima das políticas sociais. A perda da vivenda xera a máxima exclusión social e imposibilita na práctica  para a busca de emprego e mesmo para a custodia dos propios fillos.

Parche inútil e que incide nesa política tan cara ao PP de tentar dividir á cidadanía. Neste caso entre necesitados e super-necesitados

Mais no caso dos desafiuzamentos das resultas das execucións hipotecarias compren outras medidas ademais das sociais. Cómpren reformas lexislativas reais e non parches como o que ven de aprobar o Goberno do Estado. Parche inútil e que incide nesa política tan cara ao PP de tentar dividir á cidadanía. Neste caso entre necesitados e super-necesitados. Porque non son as cargas  familiares  nin os niveis de renda o problema, senón as propias leis.

É fundamental que a dación para pagamento se impoña como obriga para as entidades financiadas con cartos públicos e, tamén, unha reforma da lei consursal que facilite, como nos USA, que as persoas físicas poidan comezar outra vez de cero despois dun proceso concursal

O primeiro problema é procesual. A Lei de Axuizamento Civil  impide hoxe en día que os debedores poidan formular unha oposición ás demandas de execución hipotecarias por causas de fondo (por exemplo, por vicios do consentemento ou pola taxación dunha vivenda hipotecada por un valor substancialmente superior). Oposición que hoxe en día non paralizaría o desafiuzamento, o que motivou o informe da avogada xeral do Tribunal de Xustiza da UE considerando que esta normativa procesual vulnera o principio de protección ao consumidor e, xa que logo, o Dereito da Unión Europea. Permitir que os debedores poidan alegar canto ao fondo con carácter suspensivo permitiría que os xuíces controlen individualmente a posíbel existencia de cláusulas abusivas ou vicios do consentimento, o que semella foi moi común na época da burbulla.

Mais a nosa lexislación require doutras reformas. Neste senso é fundamental que a dación para pagamento se impoña como obriga para as entidades financiadas con cartos públicos e, tamén, unha reforma da lei consursal que facilite, como nos USA, que as persoas físicas poidan comezar outra vez de cero despois dun proceso concursal.

 

Que traten aos demais igual ca ao Dépor

Os afeccionados galegos non entenderíamos que outros clubes da Primeira gozasen dunhas condicións máis vantaxosas que o embargo xeral de todas as fontes de ingreso que sofre arestora o Dépor

Que as S.A. deportivas han ser tratados como todos os cidadáns perante as Administracións Tributarias é evidente. Mais os afeccionados galegos non entenderíamos que outros clubes da Primeira gozasen dunhas condicións máis vantaxosas que o embargo xeral de todas as fontes de ingreso que sofre arestora o Dépor.

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.