Solucións, xa!

CC-BY-SA Praza Pública

Despois da toma de posesión dos novos cargos da Consellaría de Sanidade, queda o tema de buscar solucións ós múltiples problemas sanitarios. A diagnose está feita, débense aplicar medidas (incluso “cirúrxicas”) que precisa o Sistema. Entidades relacionadas ca Defensa da Sanidade Pública, sempre dixemos que o orzamento necesario para manter un Sistema Sanitario do Primeiro Mundo, debe ser do 25% do total para “gastar” en saúde. Isto é o que recomenda a OMS. Pero escoitando as declaracións dos responsables, creo que é unha misión imposible. O novo Conselleiro, di que dende a Consellaría de Sanidade “preténdese deixar concellos sen Pediatras”. Algo o que non se atreveron os anteriores Conselleiros. Este é un tema moi serio e que o PP non ten reparo xá en dicilo e facelo sin remordemento ningún. Mandarán ós nenos ás cabeceiras de comarca para ser atendidos, co cal o concepto de que a AP ten que ser accesible e próxima, pérdese por completo! Supón, deixar sen atención pediátrica cercana, a miles de menores, cuias familias deberán desprazarse kilómetros para recibir atención por Pediatras que non coñecen aos nenos, ás súas familias, á comunidade onde residen, etc. e levan ó abandono da prevención e promoción de saúde, a non facer o Programa do Neno San, a non identificar as enfermidades graves, etc. Os Médicos de Familia, non teñen unha formación reglada para atender á poboación infantil. As familias terán que recorrer moitos km. para ser atendidos, recurrir a Pediatras privados ou contratar seguros complementarios. A estratexia está clara: desmantelar, para favorecer á privada!

Tamén dixo que “temos que dar ás listas de espera unha importancia relativa, xa que o importante son os resultados que teñan esas listas na saúde dos pacientes. Non fai falla ser un experto, para saber que unha enfermidade no é o mesmo collela a tempo, que pasados uns meses-anos; efectivamente o importante é o resultado e evidentemente será moito pior si se trata máis tarde. Non está na idea dos responsables políticos, resolver os problemas sanitarios. Por certo, no último informe de xuño a decembro do 2023, “as listas de agarda aumentan en seis das sete Áreas Sanitarias”. O SERGAS, vai fechar 780 camas nos Hospitais Galegos este verán, que son 115 máis que no verán anterior. Sen comentarios!

A última idea brillante da Consellaría de Sanidade, é buscar persoal médico “veraneante” para cubrir vacantes (o de pagar un soldo digno, eliminar a precariedade e a inestabilidade laboral, deso nin falan…): xs Médixs que “teñan unha segunda residencia no Barbanza e que poidan traballar no verán en Centros de Saúde da zoa, cubrirán as vacantes que se produzan na época estival”: de tolxs!

Recéntemente o Sergas e os Colexios Médicxs, alcanzaron un acordo para aplicar o Sistema de Citas de AP. Ponse así, fin a meses de conflicto polo XIDE, que acabou nos tribunais. Por certo, todo ísto, sin contar cos PSX que son a parte principal deste Sistema de Triaxe.

O 23 de xuño, en Silleda, celebraranse os exercicios da fase de oposición do proceso selectivo para o ingreso na Categoría de Persoal Estatutario de Médico de Familia de AP. Aspiran 600 Médicos, e ofertan 271 prazas: como que non temos Médicos? Deixan, de forma deliberada, 329 fora, cando todos sabemos a falta que fan...qué xestión é ísta?

O PP, no Consello Interterritorial do Sistema Nacional de Saúde (de todo o estado español) solicita que o Ministerio cometa unha ilegalidade, permitindo que os MIR que non rematan o seu período de formación, “podan traballar” no Sistema. Kafkiano!

A Plataforma SOS Sanidade Pública de Galicia, ven de elaborar un informe onde recolle 13 medidas para solucionar a problemática da Atención Sanitaria na Galiza: dende o aumento de orzamento, garantir a accesibilidade aos Centros de Saúde, ampliar a Carteira de Servizos para dar unha Atención Integral, combatir a medicalización, políticas de persoal incentivadoras para todalas categorías, rematar ca precariedade e a inestabilidade laboral, mellorar a formación do persoal e evaluar as innovacións que se produciron nos últimos anos, etc.

Temos xestores da nada, sempre poñendo excusas para non ter os medios: materiais e humanos necesarios, para que teñamos unha Sanidade de Calidade. Que pena!

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.