Somos nós

Cando hai cinco anos deixei a militancia política advertín da deriva que o nacionalismo collía cara ao residualismo por tomar xusto o camiño contrario despois da perda do goberno galego por un deputado, algo que se manifestou na ruptura e división pouco tempo despois. Daquela, polo feito de facer públicas as miñas críticas fun case un sacrílego.

Cando hai cinco anos deixei a militancia política advertín da deriva que o nacionalismo collía cara ao residualismo

O certo é que por desgraza, todo foi a peor, uns perdendo apoios, outros sin acadar resultados minimamente significativos e outros abrindo portas ao españolismo de esquerdas até daquela residual en Galiza se excluímos ao PSOE.

A reaparición pública de Anxo Quintana cunha proposta non partidista, de adscrición individual, aberta ao conxunto da sociedade e inspirada na Revolta Cívica de NUNCA MÁIS, e ancorada en referentes históricos do país, como as Irmandades da Fala, abre, cando menos, unha liña de esperanza de cara a un futuro incerto e preocupante para o país, mesmo a súa desaparición como tal.

A reaparición pública de Anxo Quintana abre, cando menos, unha liña de esperanza de cara a un futuro incerto e preocupante para o país, mesmo a súa desaparición como tal

A recuperación desa irmandade de galeguistas e nacionalistas galegos que poñen o país por diante de intereses de parte, de control partidario e no que os instrumentos son máis importantes que o fin, xera cando menos unha posible alternativa a mareas e propostas asemblearias importadas de España e con dubidoso calado ideolóxico e moito menos de defensa de Galiza. O tempo dirá como evoluciona este movemento, pero botábase, botabamos en falta alternativas cidadáns desde aquí.

SOMOS NÓS nace coa intención de canalizar as demandas dos galegos e galegas desde a nosa propia realidade

Os cataláns demostraron coa súa ACN a conexión coa sociedade catalá con mobilizacións de masas e influíndo en tomas de decisión desde a sociedade civil en clave de país. Aquí, polo menos, estamos na obriga de intentalo.

SOMOS NÓS nace coa intención de canalizar as demandas dos galegos e galegas desde a nosa propia realidade, converterse noutro instrumento útil e da maioría social, integrador e fondamente galego, por encima de todo, galego e alleado de calquera sectarismo.

Os cambios prodúcense con maiorías e os galegos de país aspiramos a selo algún día

Os cambios prodúcense con maiorías e os galegos de país aspiramos a selo algún día para mellorar a calidade de vida dos galegos, para exercer o noso dereito a expresarnos na lingua propia e poñer en valor no mundo as nosas potencialidades económicas e o noso patrimonio artístico, arqueolóxico, cultural... E negociar con calquera o que nos interese en igualdade.

Como cantaba Suso Baamonde, "Galiza SOMOS NÓS, a xente e máis a fala, e si buscas a Galiza en ti tes que atopala" porque Galiza SOMOS NÓS, es ti.

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.