Somos referentes, somos esenciais

Dúas enfermeiras do Sergas nun hospital de Galicia CC-BY-SA Xunta

Celebramos o Día Internacional da Muller despois de dous anos nos que as enfermeiras loitamos contra unha terrible crise sanitaria e social demostrando que a nosa excelente cualificación, experiencia e exercicio profesional era a única garantía para ofrecer os mellores coidados e a mellor atención posible nuns momentos tan duros e difíciles.

Volvemos demostrar que somos referentes insubstituíbles e esenciais dentro dun sistema sanitario e unha sociedade que, lamentablemente, aínda nos minusvalora invisibilizando o que somos e facemos

Volvemos demostrar que somos referentes insubstituíbles e esenciais dentro dun sistema sanitario e unha sociedade que, lamentablemente, aínda nos minusvalora invisibilizando o que somos e facemos. Nunha profesión eminentemente feminina como a nosa, o xénero segue sendo a orixe e causa de numerosas desigualdades que obstaculizan e, mesmo, impiden o noso pleno desenvolvemento, non só a nivel profesional, senón tamén persoal e social.

En pleno século XXI, en 2022, murallas levantadas desde hai séculos por asociarse socialmente os coidados ao ámbito doméstico e ao rol feminino imposibilítannos avanzar profesional e laboralmente. Aínda nos custa tres veces máis chegar e permanecer en altos cargos de responsabilidade e xestión, cústanos tres veces máis lograr a corresponsabilidade dos dereitos da vida laboral, familiar e persoal... cústanos todo tres veces máis.

Somos tamén aínda unha profesión que debe loitar contra estereotipos sexistas e retrógrados, contra falsas crenzas en canto ao noso labor e lugar dentro dos equipos de profesionais sanitarios, contra situacións de violencia e agresión e contra comentarios e actitudes que constatan un machismo aínda latente en parte da nosa sociedade.

É indubidable que esta realidade, auspiciada e fomentada por aquelas persoas e grupos de poder aos que non lles gusta e interesa que a muller sexa tratada de maneira xusta e igualitaria, nos prexudicou gravemente e lastrou noso progreso pero tamén o é que a nosa forza é e será imparable, pese a quen pese.

Profesional sanitaria nun hospital galego © Xunta

As máis de 282.000 enfermeiras do noso país non só somos excelentes desenvolvendo o noso labor asistencial ou de coidados, somos excelentes na docencia, formación, investigación, xestión e noutros moitos ámbitos de actuación grazas unha formación universitaria de Grao

As máis de 282.000 enfermeiras do noso país non só somos excelentes desenvolvendo o noso labor asistencial ou de coidados, somos excelentes na docencia, formación, investigación, xestión e noutros moitos ámbitos de actuación grazas unha formación universitaria de Grao que é recoñecida e admirada no resto do mundo.

Sómolo, é indubidable, pero tamén temos que crérnolo nós mesmas e, sobre, todo, rebelarnos contra a discriminación e reivindicar o que nos merecemos, o noso lugar dentro do sistema sanitario. Reclamar un trato xusto e igualitario e condicións adecuadas de traballo, afastadas da precariedade e a temporalidade, que nos permitan conciliar a nosa vida profesional e persoal.

Necesitamos dos nosos responsables públicos e políticos medidas valentes, decididas e innovadoras que promovan unha igualdade real e efectiva. Medidas que melloren o acceso e permanencia no emprego das mulleres, medidas que fomenten a promoción profesional a postos de responsabilidade e dirección e medidas que propicien o exercicio corresponsable dos dereitos da vida laboral, familiar e persoal.

As enfermeiras debemos dar un paso adiante, alzar a nosa voz e esixir que a nosa autonomía no traballo, desenvolvemento profesional, aprendizaxe continua e xestión do coñecemento sexa recoñecido e aproveitado 

Para iso, as enfermeiras debemos dar un paso adiante, alzar a nosa voz e esixir que a nosa autonomía no traballo, desenvolvemento profesional, aprendizaxe continua e xestión do coñecemento sexa recoñecido e aproveitado para lograr o interese xeral que a todas e todos nos une, como é mellorar a saúde, benestar e calidade de vida de calquera persoa.

As enfermeiras somos moi conscientes de que vivimos tempos convulsos e moi preocupantes pero estamos firmemente convencidas de que alcanzar unha igualdade real e efectiva entre mulleres e homes é a única garantía para ter un mañá máis xusto e sustentable, como reza a lema da ONU para este Día Internacional da Muller.

O noso futuro, o de todas e todas, será mellor se todas e todos avanzamos xuntos e como iguais.

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.