Tarantino irrompe na campaña electoral

Unha imaxe de Reservoir Dogs ©

En Reservoir Dogs (1992), opera prima oficial de Tarantino, un grupo de criminais disponse dar un golpe nun almacén de diamantes. Non se coñecen entre si, so ós ideólogos da operación, Joe Cabot e Eddie Bunker. “Utilizaremos alcumes neste traballo”, anuncia Joe nunha das mellores secuencias da película, “estes son os vosos nomes”: Sr Marrón, Sr Blanco, Sr Dourado, Sr Azul, Sr Laranxa e Sr Rosa.

Péchase o circulo e por fin sabemos que o Sr Morado resulta ser o líder de Vox Galicia, como descubrimos estupefactos no debate electoral da pasada noite (hoxe recibín a súa papeleta). Nesta ocasión, completan a banda a Ciudadana Laranxa e o Presidente Azul

Como era de esperar, o Sr Rosa non recibe con agrado a súa cor. “¿Por que non podo ser o Señor Morado?”, pregunta a Joe que lle responde: “Xa teño noutra banda a un Sr Morado”. Pasados máis de vinte e cinco anos da estrea de Tarantino, péchase o circulo e por fin sabemos que o Sr Morado resulta ser o líder de Vox Galicia, como descubrimos estupefactos no debate electoral da pasada noite (hoxe recibín a súa papeleta). Nesta ocasión, completan a banda a Ciudadana Laranxa e o Presidente Azul. As veces a realidade supera á ficción pero, sen ánimo de correspondencia coa vida real, ¿Qué é o que sabemos destas personaxes?

O Sr Laranxa vive no piso de arriba do almacén onde se planifica o atraco e se desenvolve a meirande parte da trama. Houbo ofertas a outros actores pero rexeitaron o papel. Un globo laranxa que se cola na metade dun plano evidencia a súa traizón aínda que cando Joe quere saber quen lle fallou, o Sr Laranxa culpa ó Sr Morado.

O Sr Azul, pola súa parte, interpretado por Eddie Bunker, é un ladrón experimentado. En realidade, fai de si mesmo, condenado como estivo por narcotráfico, falsificación, roubo de bancos, extorsión e atraco a man armada, pasando boa parte da súa vida no penal de San Quintín. Na película, como na vida real, aínda cando representa o papel con menos diálogo do guión, actúa como nexo entre os membros da banda.

De feito, o Presidente Azul recoñecería que foi ó Sr Morado ó único que chamou durante a crise da Covid19, a pesar de ser este un perfecto descoñecido para a inmensa maioría dos galegos. Fíxoo, ademais, nun idioma que só utilizaron entre eles dous. Polo seu lado, o Sr Morado, consternado polo acoso dos “cachorros”, evitou condenar a violencia machista se ben encontrou para a súa causa o apoio decidido da Ciudadana Laranxa. O Sr Dourado teríalle espetado a su mítica: “¿Vas ladrar todo o día, cachorriño, ou vas morder?”

O Presidente Azul recoñecería que foi ó Sr Morado ó único que chamou durante a crise da Covid19, a pesar de ser este un perfecto descoñecido para a inmensa maioría dos galegos

Espero non destriparlle a película a ninguén se conto que o atraco rematou en fracaso. Deuse a alarma na metade do roubo, a pesar de como auguraba Joe: “Cando terminemos o golpe, que seguro que vai a saír ben, poderémonos marchar a Hawai [que son como as nosas Cíes pero sen albariño nin marisco] e asegúrovos que eu tamén rirei, veredes como cambio alí. Pero agora… ¡ó noso!” O Sr Azul, a pesar da súa dilata experiencia neste tipo de operacións, nunca o chegaría a ver.

En América Latina titulárona Perros de la calle. Dise que perante os seus produtores Tarantino atribuíulle ó título o significado de “canallas” ou “ratos”, supostamente, de acordo coa Nouvelle Vague francesa. Estes deron por boa a explicación, sen idea de películas como Bande à parte ou Breathless (Al final de la escapada).

Reservoir Dogs estreouse no festival de cine independente de Sundance. Parecía que ía marchar cargada de estatuiñas pero terminou por non levar ningunha. Onde si triunfou foi no festival de cine fantástico de Sitges, mellor guión e mellor dirección pero non mellor película; por certo, un plaxio da hongkonesa City on Fire (1987) de Ringo Lam, como mostra o vídeo dos 90Who do you think you’re fooling? (“¿A quen credes que lle estades a tomar o pelo?”).

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.