Traballo social e servizos sociais: Unha análise do presente e futuro dende a práctica

Na actualidade e pola evolución dos servizos sociais deberiamos estar asistindo a consolidación destes como cuarto piar do estado de benestar. Sen embargo, na práctica aprézase non só a inexistencia desta consolidación e expansión, senón o retroceso total a todos os niveis e o progresivo desmantelamento da actual configuración e funcionamento.

Dende a práctica, pois, obsérvase unha involución: retroceso a niveis mesmo equiparables á beneficiencia pública.

 

Características reseñables dos servizos sociais na práctica

  • Burocratización. Excesiva necesidade de traballo burocrático. Impide traballo preventivo, comunitario, de real intervención social, priorizándose exclusivamente a obtención de recursos económicos.
  • Externalización. En todos os ámbitos, dende axudas económicas, menores, atención a maiores e discapacidade, entre outros.
  • A Lei de racionalización da administración pública (2014) axuda precisamente ao fomento da externalización.
  • Desprofesionalización das administracións públicas: non personal experto en servizos sociais. Eliminación de traballadores/as sociais en diversos ámbitos e ampliación dos colectivos a acceder a postos reservados a traballadores/as sociais (ex.:EVO). : aumenta a arbitrariedade na aplicación da lexislación, seguimento estricto de directrices, menor calidade de atención e intervención, nula coordinación interadministrativa.
  • Abandono de funcións do estado como garante dun sistema público de servizos sociais e de deber de atender á cidadanía nas súas necesidades básicas. Delegación en entidades do terceiro sector pasando a ser as funcións das administracións residuais as de estas e non a inversa.
  • Perda do rol da persoa como cidadán de dereito.
  • Arbitrariedade e indefensión.

 

Estratexias para frear o desmantelamento dos servizos sociais

  • Traballador social: é e debe ser un axente transformador e mobilizador do cambio social. Obrigación de visibilizar a situación e defender os dereitos da cidadanía.
  • Individualmente: empoderando á cidadanía. Informando, presentando escritos individualmente, recursos administrativos, recursos colectivos, valedor do pobo.
  • Colectivamente: a través do colexio profesional denunciando situacións pero principalmente a través de plataformas reivindicativas. De ahí nace PROSERSO. (www.proserso.org) como plataforma en defensa da profesionalizacion dos servizos sociais nas administracións publicas como garante do mantemento dunha atención integral de calidade a todos os niveis.

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.