Cando hai folga no SERGAS, como a convocada para os días 9 e 10 de decembro, a administración adoita facer pública unha información, habitualmente pouco clara, e que sistematicamente é cuestionada por parte dos convocantes da folga, por considerar que sempre infraestima a participación real na folga. O obxectivo deste texto é demostrar que esa crítica é certa, que o o SERGAS reduce artificialmente a participación nas folgas que se fan na sanidade pública galega, e que está nas súas mans ser transparente, dando información veraz e dificilmente discutíbel sobre a participación real nas folgas como a que está convocada para os días 9 e 10 de decembro.
Para ilustrar o que dicimos vamos utilizar datos da Área Sanitaria de Pontevedra-Salnés. Os datos precisos para calquera outra área sanitaria, e para o conxunto do país, son facilmente conseguíbeis para o SERGAS, que non tería ningún problema para ser transparente no caso de querelo.
O SERGAS sempre fai trampa ao informar das Porcentaxes de Participación, pois a participación que fai pública calcúlaa como o cociente entre o número de traballadores que foron á folga (F) dividido polo total do cadro de persoal (A = B+C+D+E), no canto de dividilo entre os que estaban en condicións de ir á folga (E+F). É dicir, o SERGAS sempre inclúe no denominador aos mínimos (B) e os que non traballaron por causa xustificada independente da folga (C). O obxectivo é claro: terxiversar, reducindo artificialmente, a participación real na folga.
F F F
% de Participación para o SERGAS = G*100= --------- * 100 = ---------------- * 100= ------------------- * 100
A B + C + D B + C + E + F
F = G * A E = D - F = D - (G * A)
F G * A G * A
% PARTICIPACIÓN REAL = H *100 = --------- * 100 = -------------------------------- *100 = ------------ * 100
E+F (D - (G * A)) + (G * A) D
É posíbel estimar CAL FOI A PARTICIPACIÓN REAL NA FOLGA, partindo dos datos que vai dar o SERGAS, e isto pode ter interese para os medios de comunicación.
G * A
% PARTICIPACIÓN REAL = ----------- * 100 A e D son coñecidos --> A = 3650 e D = 2073
D
A Participación Real pode estimarse partindo da participación declarada polo SERGAS (G), multiplicándoa polo nº de traballadores do cadro de persoal (A) e dividíndoa polo nº de traballadores en condicións de ir a folga (D = E+F)
Utilizando as fórmulas anteriores podemos facer SIMULACIÓNS para a Área Sanitaria de Pontevedra-Salnés, partindo de o SERGAS dea unha participación de, por exemplo, o 20% ou o 50%
0,20 * 3650
H 20 = -------------------- * 100 = 0,352 * 100 = 35,2 %
2073
Se o SERGAS declara que a participación na folga en Pontevedra-Salnés foi do 20%, pódese afirmar que a Participación Real foi do 35,2% (case o dobre).
0,50 * 3650
H 50 = --------------------- * 100 = 0,880 * 100 = 88,2 %
2073
Se o SERGAS declara que a participación real na folga en Pontevedra-Salnés foi do 50%, pódese afirmar que a Participación Real foi case do 88,2%.
O SERGAS NUNCA RECOÑECERÁ PARTICIPACIÓNS MAIORES DO 57% (realmente do 56,8%), pois o seu sistema de calculo impídello. Que o SERGAS recoñeza unha participación > 56,8% so será posíbel cando a Participación Real sexa maior do 100 %, o que é matematicamente imposíbel. De iren á folga todos os que están en condicións de facelo (E+F), é dicir, de termos unha Participación Real do 100%, o SERGAS recoñecerá como tope unha participación máxima do 56,8%.
Se fan folga todos os que poden facela (D), daquela Participación Real será do 100%
H=1 e H * 100 = 1 * 100
H * D
G * 100 = ---------- * 100
A
H * D 100 * 2073
G = --------- = ----------------- = 56,8 56,8%
A 3650
Malia que todos os que podían participar na folga foron a ela, é dicir unha Participación Real do 100%, o SERGAS dirá que a participación foi do 56,8%
Malia que todos os que podían participar na folga foron a ela, é dicir unha Participación Real do 100%, o SERGAS dirá que a participación foi do 56,8%. O SERGAS non pode recoñecer participacións na folga maiores do 57%, o que evidentemente é absurdo. Debería cambiar a súa forma de facer as contas de participación nas folgas, e os informadores deberían esixirlle transparencia e información real.