Turisteos, hermenéuticas e gilipolleces

Detesto o turisteo, mais adoro as viaxes - as interiores e as xeográficas -. Non hai nada máis absurdo que unha axencia de turismo. Se por min fose, denunciaría á meirande parte das axencias e promotores turísticos por atentado contra a soberanía estética das pequenas nacións, que é o mesmo que facer referencia á sensibilidade de le picole persone che formano parte di una comnunitá política concreta.

Ademais do turisteo, teño outra aversión profunda que non podo disimular: as fotografías disparadas con mirada de turista. Se por min fose, queimaríaas todas e e asaría castañas co lume

Ademais do turisteo, teño outra aversión profunda que non podo disimular: as fotografías disparadas con mirada de turista. Se por min fose, queimaríaas todas e e asaría castañas co lume. Logo, por suposto, convidaría a castañas a tódolos turistas do mundo que quixesen facerse unha fotografía conmigo; mais, primeiro, coñézanme, e logo, se lles apetece, e se me deixo, dispárenme a foto sen observarme coma un souvenir exótico. Muito obrigado pelo respeto.

Estamos no ano 2012 e aínda se interpreta e se fala de Castelao coma se fose unha Tohra laica para persoeiros ávidos de últimas verdades e/ou respostas

Ademais do turisteo, teño outra aversion profunda, profundísima, tan profunda coma o cráter do volcán de Krakatoa: a hermenéutica estritamente  - sic - política das gramáticas culturais. E refírome ao seguinte, non se me alteren: estamos no ano 2012 e aínda se interpreta e se fala de Castelao coma se fose unha Tohra laica para persoeiros ávidos de últimas verdades e/ou respostas. O de Castelao é un dicir, digo Castelao como podo dicir Rosalía de Castro, Blanco Amor ou Rodolfo Ferreiro, carniceiro. Para min, Il messaggero non e importante. Ou, cando menos, non é máis importante que o pole das súas ideas.

O que pretendo insinuar é nin máis nin menos que a plural narrativa literaria, científica e política dun país non pode interpretarse de xeito ahistórico e que a instrumentalización política dos textos non poderá ocultar, tarde ou cedo, o profundo baleiro de investigación que existe neste paisiño – oculto, como non, baixo o fado máxico da ideoloxía política instrumental do momento -. A teoría literaria, para o que é: para investigar a recepción e producción da crítica e do discurso literario en Galicia. A filosofía política, para o que é: para investigar a recepción e producción da teoría política en Galicia. A filosofía da ciencia, para o que é: para investigar a recepción e producción do pensamento científico en Galicia. Todo isto relacionado e contextualizado espacial e epocalmente. Mais o que non se pode facer é presumir de falo nacional mesturándoo todo sen ton nin son. Cómo se pode falar de transformación social, en Galicia ou no resto do mundo, cómo se pode pretender propor unha nova orde de cousas sen porlle orde ao noso caletre colectivo? É, definitivamente, imposible: fumar marihuana e escoitar a Pink Floyd mentras se citan dúas frases soltas de Marx xa hai moito tempo que no cuela, che.

A plural narrativa literaria, científica e política dun país non pode interpretarse de xeito ahistórico e que a instrumentalización política dos textos non poderá ocultar, tarde ou cedo, o profundo baleiro de investigación que existe neste paisiño

O ser humano precisa espazo e tempo para organizar as formas/interpretacions que proxecta sobre a realidade e sobre sí mesmo, e neste paisiño hai moita des-territorializaçao, moita des-memoria e moita des-estructuraçao nas cacholas, na transmisión da información e na divulgación do coñecemento. Supoño que por iso resulta tan difícil facer política neste recuncho: somos tremendamente compracentes coa propia gramática cultural recibida, mais facemos moi pouca crítica sobre a mesma e bebemos menos do debido das demais. Hai pouca antropoloxía comparada e, ademais, apenas existe autorreflexividade crítica nin enfoques teóricos ou liñas de investigación que amplíen a nosa mirada. Citamos moito a propia gramática cultural para empoderarnos políticamente e producir emotividade a esgalla, mais non é suficiente. Non só non é suficiente senon que, ademais… é un horizonte trabucado.

É un problema que obedece á profunda disfuncionalidade e incomunicación existente entre a rede universitaria galega e os medios de incomunicación social á hora de transmitir coñecemento localizado?

É un problema de hábito cultural, de inercia colectiva? É un problema que obedece á profunda disfuncionalidade e incomunicación existente entre a rede universitaria galega e os medios de incomunicación social á hora de transmitir coñecemento localizado? É un problema de gilipollez, minifundismo mental ou preguiza mental colectivamente interiorizada?

Eu, persoalmente, considero que as tres cousas e, ademais, a estas tres variables engaderíalle unha cuarta, o problema fulcral, xustamente aquel que non pode mensurarse de ningún xeito e que é a partícula elemental  da nosa ferida: chámaselle insolidaridade e falta de compromiso. Do tórax cara abaixo, tutti il mondo se apunta a un festival de galeguismo folklórico ou gastronómico, do bandullo cara arriba tudo é preguiza, ¡pa!. O problemiña de turno non é baladí, é un problema que leva visos de producir un clima de embrutecemento e anomia colectiva considerable se non lle poñemos algo de remedio a minoritaria tribu dos distópicos –relativamente- ben informados, mais desesperanzadoramente esperanzados, que existen en Galicia.

Do tórax cara abaixo, tutti il mondo se apunta a un festival de galeguismo folklórico ou gastronómico, do bandullo cara arriba tudo é preguiza

Feitos son feitos: mentras noutros países que nós consideramos exóticos para os nosos anteollos occidentais a range of opinion da súa prensa é infinitamente máis plural e diversa que a nosa, e mentras científicos honestos responden ao colonialismo cultural coa mellor das armas, a intelixencia e a autoestima, creando e desenvolvendo liñas de investigación potentísimas coma os Subaltern studies ou os post-colonial studies; aquí, neste paisiño, pasámolas putas para botar da cadeira presidencial a verdadeiros analfabetos que o único que fixeron na súa vida é memorizar un manual de contabilidade empresarial e marketing para aplicalo á xestión dos orzamentos públicos.

A qué espello mirarnos, pois? A aquel que reconforta o noso ego nacional ou a aquel que nos insta a ser autocríticos e confesarnos: temos que esforzarnos en ser mellores? Quizais á superficie do pequeno lago no que Narciso afogou namorado de sí mesmo?. Porque a mirada imperial é, ao fin e ao cabo, a mesma mirada que a de Narciso: de tanto auto-contemplarse no lago pode chegar a pensar que o reflexo que éste lle devolve ten que ser o mesmo que lle devolve aos demais.

A qué espello mirarnos, pois? A aquel que reconforta o noso ego nacional ou a aquel que nos insta a ser autocríticos e confesarnos: temos que esforzarnos en ser mellores?

Ao final, coma sempre, a mirada Imperial morre afogada – coma morren tódolos imperios con vontade de tal -, e o tráxico – mais ben o traxicómico - do asunto, é que tamén á mirada provinciana que toma conciencia da súa condición de subalternidade pode acontecerlle o mesmo que ao gran Narciso imperial, coa única diferencia de que se auto-xustifica coa ética e a estética da resistencia perante o eterno inimigo que lle nega o seu dereito a SER.

En Galicia, coma no resto do mundo, este dereito a ser non pode pasar da potencia ao acto se seguimos metendo as mans no peto e silbamos cara o ceo cada vez que calqueira tolo expresa o evidente: Galicia, universal concreto. Nación con dereito á súa libre-determinación. Nación con vontade colectiva de chegar-a-ser  - real e exemplarmente – democrática e de decicir, en plebiscito permanente, con qué modelo socio-económico quere proxectarse nesta caótica tolemia chamada comunidade internacional e nesta caótica comunidade nacional – aínda por construir - chamada España.

Canta democracia somos capaces de soportar os seres humanos? Reflexionemos e escollamos mesuradamente en qué espello queremos mirarnos

Eterno retorno do evidente: Canta democracia somos capaces de soportar os seres humanos? Reflexionemos e escollamos mesuradamente en qué espello queremos mirarnos.

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.