UE: E se a emperatriz vai espida?

Bandeira da UE, ante a sede do Parlamento europeo en Bruxelas CC-BY-SA David Fernández

Louvamos sen cesar a nosa marabillosa Europa das liberdades, ameazada polos Putines no exterior e polas far rights euroescépticas no interior. Eu, como galego, son escéptico e quero pisar terra

Xa o sabemos. Solemne desfile imperial. A xente maior, politicamente correcta, ollan uns cara outros e repiten compracidos que fermoso é o novo vestido do emperador. Ata que unha picariña, xa farta, di ao pai: “Pero se o emperador vai espido!” Estará a pasar iso na UE, hoxe? 

Louvamos sen cesar a nosa marabillosa Europa das liberdades, ameazada polos Putines no exterior e polas far rights euroescépticas no interior. Eu, como galego, son escéptico e quero pisar terra.

No xaneiro de 2025 a Vicepresidenta Kaja Kallas dixo que había que esnaquizar Rusia. Eu non o podía crer, aínda que non fora máis que pola imprudencia verbal. Pero era certo. Argumentaba que derrotar a Rusia estaba ben, pero que asemade cumpría dividila en pequenas nacións independentes, de xeito de fragmentar o poder e que non se concentre de novo. Pregúntome que diría ela se os rusos planearan acabar coa UE e despois dividila, para evitar todo rebrote? E se o propuxera en público un vicepresidente ruso? 

Deixemos á Kallas, que tamén dixo este ano que, como está o mundo, é tempo de escomezar a beber. Hai pouco, a comisaria e vicepresidenta Henna Virkkunen pronunciouse a favor dunha censura máis directa (parecerálle pouca a indirecta da Digital Services Act?). Non é novo iso na Comisión, que xa o defendera na ONU, pero agora foi ben explícita.

No xaneiro de 2025 a Vicepresidenta Kaja Kallas dixo que había que esnaquizar Rusia. Eu non o podía crer, aínda que non fora máis que pola imprudencia verbal. Pero era certo. Argumentaba que derrotar a Rusia estaba ben, pero que asemade cumpría dividila en pequenas nacións independentes, de xeito de fragmentar o poder e que non se concentre de novo

Virkkunen dixo iso antes de se secar a tinta da sentencia do TXUE condenando a Hungría por unha lei que uns chamaron anti-LGBTI e outros dicían que protexía aos nenos da exposición da sexualidade explícita, en particular, entre homosexuais (sentencia de 21-IV-2026, C-769/22, Comisión c. Hungría; Valeurs de l’Union). Aparte de que a min persoalmente paréceme moi ben protexer aos nenos desas cousas, e de que iso é unha competencia de cada estado; aparte tamén de certos intríngulis xurídicos (os valores non son axuizables), a sentencia coloca abertamente a Hungría e a súa constitución por baixo dos Tratados, dos valores e da interpretación xudicial, indo así contra o art. 4 do TUE que recoñece (non concede: recoñece) a integridade constitucional nacional. Non sei se vostede, lector, alégrase, ou non, desa condena a Hungría, pero, ollo, non sexa que as campás dobren tamén por nós: mañá pode ser outro país (non dos grandes, supoño). A UE, no canto dunha comunidade política de comunidades políticas voluntarias e soberanas, vai camiño de consistir en circunscricións administrativas carentes mesmo do autogoberno interior pleno, como nese caso, ou o activismo da fiscalía europea có accidente de Adamuz. As constitucións, na práctica, pararían nunha especie de estatutos de autonomía. Cales son as competencias mínimas intocables dos estados, e nde acaban as europeas?

UE, no canto dunha comunidade política de comunidades políticas voluntarias e soberanas, vai camiño de consistir en circunscricións administrativas carentes mesmo do autogoberno interior pleno

Outro aspecto, non novo. Von der Leyen practica un goberno cada vez máis indisimuladamente personalista; xa o sabemos. Ten unha dirección xeral practicamente para ela, a DG IDEA. Non hai liñas roxas á acumulación de poder persoal?

Se vostede sigue ás novidades na UE, raro será o mes no que Bruxelas non se extralimite nas súas competencias, ou ningunea aos estados (agás os grandes), ou invade unha parceliña de liberdade; igual con parvadas, como a pesca dos meus netos, pero invariablemente quitándonos algunha liberdade. Nos feitos —non nas frases oficiais— Bruxelas faise máis e máis anti-liberal: raramente favorece a liberdade senón a regulación e o control. Isto é tan obvio como dicir que nos últimos 25 anos o autoritarismo estatal non para de medrar en España, independentemente da fraseoloxía oficial. Regular e controlar virou xenético para a UE; siga o lector estes temas durante un tempiño e xe me dirá se esaxero.

Como todos na miña xeración, eu son europeísta pouco menos que de berce, e adiquei á UE boa parte do meu traballo. Lémbrome que alá polos 80-90, os ingleses acusaban á UE de dúas cousas: que non ía haber limite ás suas competencias, e que realmente ía ser un macro estadO. Pero hoxe teño que admitir que eles tiñan razón, e nós, os europeístas bempensantes, non

Levamos décadas de expansión fáctica de competencias e erosións da liberdade, pero seguimos a dicirnos entre nos: “malo será, home; a emperadora aínda vai vestida; xa pasará a treboada”. Só os brexiteers e os euroescépticos o negaban, e nós non os criamos. Chegou o momento de dicir, como a neniña da historieta: “a emperatriz Bruxelas vai espida”? As tendencias aquí sinaladas non deixan de ir a peor xa dende a crise do euro. Pasamos xa o ecuador dun autoritarismo material? Espero que aínda non, pero o rumbo non é tranquilizante.

Como todos na miña xeración, eu son europeísta pouco menos que de berce, e adiquei á UE boa parte do meu traballo. Lémbrome que alá polos 80-90, os ingleses —que nunca encaixaran ben, sexamos claros— acusaban á UE de dúas cousas: que non ía haber limite ás suas competencias, e que realmente ía ser un macro estado. E nós diciamos: “estes ingleses, xa se sabe, son ben «repunantes»”. Pero hoxe teño que admitir que eles tiñan razón, e nós, os europeístas bempensantes, non. As competencias bruxelenses xa chegan de facto ás pistas para bicis e aos problemas internos da xudicatura española (o último, có aplauso de moitos españolistas), e o macroestado bruxelense tende a converter ós estados membros en estados federados febles ou macro-comunidades non demasiado autónomas.

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.