Última esperanza para a Sanidade Pública na Galiza

CC-BY-SA Praza Pública
Publicidade
Publicidade

“Nunca será tarde para buscar un mundo mellor e máis novo, si no empeño, poñemos coraxe e esperanza”. Alfred Tennyson (1809-1892). Poeta inglés.

Despois da última xuntanza do Consello Técnico de Atención Primaria de Galicia, creado fai 6 anos, consideramos, diferentes entidades relacionadas ca Sanidade Pública, que debemos dar o paso seguinte para, por consenso, chegar o acordo de elaborar o Novo Modelo de AP de Galicia

Despois da última xuntanza do Consello Técnico de Atención Primaria de Galicia, creado fai 6 anos, consideramos, diferentes entidades relacionadas ca Sanidade Pública, que debemos dar o paso seguinte para, por consenso, chegar o acordo de elaborar o Novo Modelo de AP de Galicia. Por maioría aplastante dos presentes e apreciando de forma positiva a dispoñibilidade da administración do PP, consideramos que debemos poñer uns obxetivos concretos, para que o Grupo de Traballo, chegue a bo porto, para elaborar o Novo Modelo de AP, a partir das conclusións da Comisión Técnica n.º 9. 

Temos medidas para implementar que non precisan recursos económicos e outras que sí. Necesitamos unha Memoria Económica para levar a cabo o que propoñemos, e expondrei as liñas estratéxicas para a reforma da Atención Primaria. Obxetivos: 

Acabar ca marxinación da Atención Primaria e a pobreza de recursos. 

Dotala de autonomía de xestión, volvendo a ter as Xerencias de Atención Primaria.

Desmedicalizala, potenciando e ampliando os equipos multidisciplinares, para poder prestar unha Atención Integral. Desburocratización.

Transformala de verdade para que sexa o eixo vertebrador do Sistema, orientando a súa actividade a satisfacer as necesidades reais e sentidas polos profesionais e a poboación. 

Publicidade
Publicidade

Sendo conscientes de que imos con 6 anos de retraso por culpa da administración do PP, propoñemos:

1º.- Aumentar os recursos: unha política de aumento de orzamento ata acadar o 25% en cinco anos. Actualmente estamos no 14%. Temos que recupera as prazas de persoal perdidas polos recortes do PP. Incrementar o número e potenciar as competencias, de todalas categorías profesionais que integran os equipos: Persoal Administrativo, Fisioterapeutas, Traballadores Sociais, Psicólogos Clínicos, Logopedas, Farmacéuticos Clínicos, etc. Atención Integral nos Centros de Saúde. Planificar as convocatorias de prazas de especialización en función das necesidades actuais e futuras. Acabar coa precariedade laboral e a contratación lixo en todalas categorías, reducir o burnaut e recuperar aos profesionais que emigraron.

2º.- Mellorar a capacidade resolutiva: debemos ampliar as plantillas para dispoñer dun tempo adecuado de atención aos pacientes, que garanta 10 minutos por consulta e 30 pacientes máximo o día nas consultas médicas. Mellorar a coordinación e comunicación da AP cos servizos hospitalarios, cos traballadores dos PACs, co sistema de atención a dependencia, de servizos sociais e de saúde pública.

3º.- Incrementar o papel e a responsabilidade da AP nos plans e programas de saúde: temos que intervir, de maneira consensuada, nos programas e protocolos de actuación en AP, na relación ca Especializada, ca Atención a Dependencia e cos Servizos Sociais...e todo coordinado desde AP. Desenvolver os Plans Locais de Saúde, como instrumento fundamental para integrar, coordinar recursos, esforzos e actividades de promoción da saúde. 

4º.- Mellorar a accesibilidade aos centros: temos que garantir a atención en consulta en 48 h. Incrementar e dimensionar as cotas dos integrantes dos equipos en función da demanda. Abrir os Centros de Saúde en xornada de mañá e tarde (quendas deslizantes). Potenciar as áreas administrativas dos centros, esenciais para garantir unha información e xestión da demanda e da sobredemanda da cidadanía. Por en marcha Programas de Educación Sanitaria.

Para realizar o exposto, debemos facer cambios organizativos para garantir a Xestión Integrada

Para realizar o exposto, debemos facer cambios organizativos para garantir a Xestión Integrada. Temos que ter unha política de formación e investigación en AP. Potenciar a Atención a Saúde Mental, a Saúde Comunitaria, a Saúde Pública e a Participación Social. Utilizar a formación de Residentes de Medicina de Familia, Pediatría e Enfermaría, para manter o relevo xeracional. Introducir con carácter obrigatorio a materia de Medicina e Enfermería de Familia e Comunitaria en todalas facultades. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.