Un asasinato “divertido”

Abro o xornal e o primeiro que vexo é a foto dun touro desangrándose sobre a area. A imaxe paréceme tan cruel que aparto rápidamente a vista ao tempo que movo nerviosa o ratón do ordenador para non volver a atoparma. Casi de reollo, leo que o Ministro Wert pretende aprobar un plan de fomento dos touros como "feito cultural".

Se xogásemos a relacionar palabras e eu dixese “Jesulín de Ubrique”, algún de vós diría inmediatamente despois “Castelao” ou “Picasso” relacionándoos como elementos culturais? É comparable ir a unha biblioteca, a un museo ou a un concerto con acudir a unha praza de touros a ver como agoniza un animal? Se respondemos de maneira afirmativa, quererá dicir que a ignorancia desplazou valores como a sensibilidade e o respeto polos animais.

Estaríamos bos se no mantenemento dos costumes non tivésemos en conta o noso grao de desenvolvemento e valores morais, e seguísemos por exemplo, realizando execucións públicas nas prazas de pobo

Hai quen o reivindica como unha tradición, pero non se deduce do feito de que algo sexa tradicional, que teña que ser ético, e que polo tanto se deba perpetuar. Pagar por ver como torturan un touro ata que acaba vomitando sangue e morrendo, mentres tomas unha caña e un bocata e comentas co do lado “que mal vai o país”, non me parece unha tradición, paréceme repugnante. Ademáis, estaríamos bos se no mantenemento dos costumes non tivésemos en conta o noso grao de desenvolvemento e valores morais, e seguísemos por exemplo, realizando execucións públicas nas prazas de pobos e cidades co pretexto de que durante xeracións o pobo as considerou un espectáculo de primeira orde.

Presenciamos atónitos como se destinan millóns de euros para o financiamento da tauromaquia mentres se recorta en cultura e benestar

Por outra banda, presenciamos atónitos como se destinan millóns de euros para o financiamento da tauromaquia mentres se recorta en cultura e benestar, e como por exemplo, mentres o Goberno de Esperanza Aguirre recorta salarios de mestres/as e medios aos colexios públicos, se enorgullece por destinar miles de euros a organizar excursións de escolares ás prazas de touros.

Somos moit@s @s que cremos que a tortura, o asesinato e o desprezo aos animais non forman parte da cultura deste país, e que ollo, tampouco estamos dispostos a mirar para outro lado mentres hai quen lava as mans co seu sangue.

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.