Un gran paso contra a impunidade das grandes empresas

O pasado 26 de xuño en Xenebra, no seo de Nacións Unidas rematou con vitoria dos movementos sociais un longo proceso de debate sobre a necesidade de regular a actividade das empresas transnacionais que violan os dereitos humanos coas súas actividades e inversións.

Esta ferramenta constitúe unha oportunidade histórica para acadar un mecanismo capaz de xulgar as empresas que operan baixo filiais en países terceiros e que violan sistematicamente os dereitos humanos das poboacións

A resolución aprobada polo consello de dereitos humanos con 20 votos a favor e 14 constitúe un fito histórico "para establecer un grupo de traballo intergobernamental co mandato de elaborar un instrumento internacional legalmente vinculante que obrigue as transnacionais e outros inversores a cumprir as normas para protexer os dereitos humanos".

Esta ferramenta constitúe unha oportunidade histórica para acadar un mecanismo capaz de xulgar as empresas que operan baixo filiais en países terceiros e que violan sistematicamente os dereitos humanos das poboacións, contaminan a terra, rouban a auga e privatizan os recursos naturais valéndose da extorsión, a ameaza, a persecución e incluso o asasinato dos defensores ambientais e líderes das distintas resistencias.

En Xenebra, foron presentados por parte das vítimas de violacións das corporacións os casos emblemáticos e vergoñentos de Chevron (Texaco) na Amazonía Ecuatoriana, de Shell en Nixeria, da empresa galega Hidralia Enerxía en Guatemala ou da Israelí Mekorot en Palestina entre moitos outros.

O representante dos Estados Unidos, na última quenda de palabra, pediu as nacións que se opuxeran a este mecanismo e advertiu que as resolucións non comprometen a aqueles que non as apoian

Mentres, na sala de plenos do palacio das nacións de Xenebra, no entorno das 11.00h, agardábase o debate e a votación da resolución cunha gran expectación froito do intenso traballo de presión feito polos movementos sociais durante as últimas semanas e que acadou o seu punto álxido coa celebración do "Tribunal Permanente dos Pobos" e a marcha contra a "Impunidade do Poder Corporativo" so un día antes da votación.

O representante dos Estados Unidos, na última quenda de palabra, pediu as nacións que se opuxeran a este mecanismo e advertiu que as resolucións non comprometen a aqueles que non as apoian. Unha vez máis, a administración estadounidense retratouse nunha votación no seno das Nacións Unidas.

Pola súa banda Garcia Margallo, ministro de exteriores español, tiña declarado na mesma semana que “as corporacións teñen dereito a impoñer determinadas decisións para instalarse", como se os dereitos humanos foran algo negociable en aras a competitividade e ao crecemento económico. Na sala de plenos, España, xunto cos países da Unión Europea, opuxéronse ferozmente a aprobación da resolución. 

Garcia Margallo, ministro de exteriores español, tiña declarado na mesma semana que “as corporacións teñen dereito a impoñer determinadas decisións para instalarse", como se os dereitos humanos foran algo negociable

Amigos da Terra, Ecoloxistas en Acción, OMAL ou Col-lectiu RETS foron as organización do estado español presentes durante a pasada semana en Xenebra, como parte dunha campaña internacional que traballa polo desmantelamento do poder que nas Nacións Unidas seguen ostentando as empresas.

A pesar da noticia positiva, Treaty Alliance, alianza da sociedade civil que abarca a máis de 600 organizacións en todo o mundo, considera que o resultado do grupo de traballo dependerá de dar continuidade as mobilizacións nos vindeiros anos. Esta vitoria constitúe un gran paso contra a impunidade e na defensa dos dereitos humanos pero é parcial e compre continuar co traballo e a presión dende a sociedade civil.

Dende Amigos da Terra continuamos visibilizando os casos de violacións por parte de empresas galegas e españolas

Ao mesmo tempo, dende Amigos da Terra continuamos visibilizando os casos de violacións por parte de empresas galegas e españolas. O mesmo venres 27 de xuño e xunto coa Asociación Mulleres de Guatemala, Alfonso e Micaela, membros da resistencia en Guatemala contra a empresa coruñesa Hidralia Enerxía, presentaron na ofician do defensor do pobo en Madrid unha queixa contra a administración española como co-responsable da actividade da empresa no seu país.

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.