A análise da historia e dos acontecementos políticos pode facerse seguindo dous procedementos: o de centrar en persoas ou figuras o relato dos mesmos e polo tanto buscar as necesarias conspiracións ou, pola contra, centralo en causas obxetivizables (oportunidades políticas) , suxeitos colectivos (estruturas de mobilización) e procesos enmarcadores. Eu como marxista, do empirismo dialéctico non do materialismo mecanicista dos seus seguidores, aposto máis polo segundo.
En primeiro lugar porque, ademais de máis rigoroso, creo que axuda mellor a resolver as contradicións e buscar a súa solución e en segundo lugar porque as teorías conspirativas son as respostas que os necios desde o conservadorismo político e desde a preguiza mental soen dar diante realidades novas e complexas que non entenden.
Nese senso o BNG foi sen dubida un intento creativo no noso contexto xeográfico pero obrigatoriamente limitado pola dimensión e a envergadura da crise á que nos enfrontabamos
Unha vez que optamos por facer un análise empírico e racional dos acontecementos deberemos acertar nos corolarios do problema para que a solución sexa a máis acertada posible. Onde poñer os corolarios do problema na situación que vive a esquerda e o nacionalismo galego? Algúns póñeno na deriva que o BNG tomou nos últimos anos, e non sendo de todo falso que a deriva da última década precipitou o desenlace, creo que os corolarios deberiamos buscalos máis atrás, seguramente na década dos setenta cando empezou a cambiar o modelo produtivo e social e a esquerda non foi quen de actualizar a súa política e a súa estrutura organizativa e mental diante das novas realidades. Nese senso o BNG foi sen dubida un intento creativo no noso contexto xeográfico pero obrigatoriamente limitado pola dimensión e a envergadura da crise á que nos enfrontabamos.
Hai acontecementos que teñen unha carga simbólica e que sintetizan etapas longas de contradicións. Voume referir a tres:
- Caída do muro de Berlín. Supuxo ademais do fin dun modelo totalitario e estatalista de construción dunha sociedade máis xusta que representaban os PCs e xa que os cascotes chegaron ata o Atlántico, e mesmo cruzaron o charco, ía supor co paso do tempo o esgotamento da proposta socialdemócrata clásica eurocentrista, industrialista e corporativista e por ende do modelo do estado de benestar tal como o coñecemos ata hoxe, sustentada nun pacto interclasista entre a grande patronal e uns sindicatos obreiros fortemente asentados nun modelo de empresas ‘fordistas’ hoxe practicamente inexistentes.
- As revoltas árabes iniciadas en decembro de 2010 que marcan unha segunda quenda, tralo movemento latinoamericano, de rebelión no Sur baixo a concepción clara de que “nos tamén somos cidadáns e non aceptamos que a democracia e os dereitos sociais sexan oasis políticos reservados ao Norte”.
- O Movemento 15-M, que ao marxe das partituras concretas, puxo de manifesto a desafección pola política, sobre todo polos partidos da esquerda, dunha parte importante da cidadanía, a máis nova e activa, ligado a un proceso que unha década antes xa se dera na deserción de importantes continxentes da esquerda política cara aos movementos sociais e ONGs.
E así estamos, en Galicia e no global, sen alternativas políticas, con modelos organizativos esgotados que afastan a poboación dos partidos e nun período de crise-transición que ou se aborda desde novas perspectivas ou simplemente se reproducirán os elementos que nos trouxeron ata aquí
E así estamos, en Galicia e no global, sen alternativas políticas, con modelos organizativos esgotados que afastan a poboación dos partidos e nun período de crise-transición que ou se aborda desde novas perspectivas ou simplemente se reproducirán os elementos que nos trouxeron ata aquí.
Hai que abordalo todo desde NOVOS HORIZONTES, novos xeitos de entender a política e novas perspectivas propias do século XXI que se presume complexo e difícil para as persoas e para o planeta. Non podemos seguir elaborando a intervención política con paradigmas de pensamento definidos para o século XIX, nin podemos construír proxectos pensando en propostas organizativas construídas para a ‘toma do poder’ en estado pre-democráticos e consolidados durante a guerra fría.
Necesitamos outros PARADIGMAS. Faise necesario ter en conta á hora de construír os referentes do século XXI tres eixes igual de importantes, sabendo que están relacionados dialecticamente e sabendo da súa complexidade e, ademais, entendendo que hai que facelo de xeito amplo para que teña cabida a hexemonía social necesaria que logo se converta en hexemonía electoral.
O eixo social (esquerda-dereita), o eixo nacional (galeguismo-españolismo) e o eixo vertical (arriba-abaixo)
O eixo social (esquerda-dereita), o eixo nacional (galeguismo-españolismo) e o eixo vertical (arriba-abaixo). Pode ser que non sexa como din o movemento Ocuppy Wall Street o ‘1% fronte ao 99%’, pero sen dubida é unha maioría amplísima fronte a unha ínfima minoría. Se non temos en conta os tres eixes teremos unha caricatura da realidade e se os temos en conta de xeito restritivo teremos un proxecto alternativo irreal e marxinal.
Faise necesario abordar as novas contradicións: os limites de crecemento e a crise ecolóxica do planeta e a contradición xerada polas grandes corporacións sustentadas en económica especulativa e destrutiva contra a económica real produtiva dos pequenos produtores e empresarios. Asistimos a unha oligopolización onde o modelo liberal e unha falacia e .onde os neocon’s son os principais inimigos de la liberdade de empresa e do planeta.
A proposta: Galicia e o Ben Común
A hora de abordar o novo proxecto que necesita Galicia e o Ben Común debemos partir de dúas premisas. A primeira, que a resolución aos grandes problemas aos que nos enfrontamos e as grandes encrucilladas que ten o pensamento non se van solventar da noite para a maña e desde Galicia para o mundo, senón nunha construción de novo pensamento coral e global. A segunda que temos que experimentar e construír algo novo. O BNG, o PSdG e outros instrumentos tradicionais se teñen amosado inservibles. Non se trata de construír nin un BNGbis, nin n un BN-auténtico, nin un BNG+radical, esta última proposta xa se leva experimentando nos últimos vinte anos con escasos resultados.
Non se trata de construír nin un BNGbis, nin n un BN-auténtico, nin un BNG+radical, esta última proposta xa se leva experimentando nos últimos vinte anos con escasos resultados
As recentemente celebradas eleccións francesas poñen de manifesto a impotencia da esquerda alternativa cando pretende resucitar modelos caducos e desempoar zombies con programas industrialistas e pro-nucleares coma o PCF. Ao final o voto crítico acaba en mans da ultradereita.
Unha nova identidade ligada aos tres eixes: ao galeguismo político e o soberanismo cívico, ao progresismo e a nova esquerda, ao ecoloxismo político e a radicalidade democrática
Nos podemos pensar que o PP é o máis antisocial que existe pero desde punto de vista sociolóxico son os ‘populares’, podemos ter razóns en pensar que o PSdG está a cruzar constantemente de trincheira ideolóxica pero ocupan a dimensión construtiva dos ‘socialistas’ e podemos con razón entender que o nacionalismo do BNG foi ‘traizoado’ pero en termos político-electorais son os ‘nacionalistas’. Temos que construír algo novo e témolo que construír desde o ‘construtor’ dunha nova identidade. Unha nova identidade ligada aos tres eixes: ao galeguismo político e o soberanismo cívico, ao progresismo e a nova esquerda, ao ecoloxismo político e a radicalidade democrática.
Nun proxecto NACIONAL entendido en toda a súa dimensión. Non se trata de máis esquerda e máis nacionalismo, tratase de outra esquerda e outro nacionalismo. Que interprete e dea solucións ao país existente, non ao que nos gustaría que existira. Nunha construción circular: desde abaixo pero tamén impulsada lealmente desde todos aqueles colectivos que queiran implicarse.
Nun proceso asembleario pero que parta:
-do Impulso multilateral e non unilateral;
-aberto ‘extramuros’ do que foi o nacionalismo organizado ( con pedagoxía e novas linguaxes );
-desde a soberanía local e evitando os modelos comarcais intermediarios que curtocircuitan a soberanía das persoas e o proxecto global;
-sen construír estruturas pechadas que impidan a integración das persoas nunha fase aínda en construción;
-nun formato asembleario de novo tipo, xa que o actual so interesa a certos sectores sociais do proxecto e a un perfil de persoas case ‘profesionais’ do asemblearismo e con tempo e cultura das mesmas.
Un proxecto cooperativo, que reivindique o dereito a ser cidadáns e polo tanto a organizarse colectivamente en grupos, correntes culturais ou partidos. Estamos nunha etapa de reagrupamento que require da visualización de espazos diferentes e complementarios. Nese senso EcoGaleguistas non naceu nin como un lobby de poder, ao que renunciou de antemán, senón para incorporar na axenda as políticas da esquerda verde, as novas formas de interpretar o común e para facilitar a incorporación ao novo proxecto dos continxentes de extramuros.
O proxecto de Compromis, no pais Valencia, naceu en formato de coalición electoral e so na actualidade, cinco anos despois, está en condicións de transformarse en organización política e de paso dar o sorpasso ao PSPV
Con data de caducidade e aberto as confluencias, pero sabedores que un proxecto político tan amplo e que ten que resolver vellas e novas contradicións non se constrúe en semanas ou meses. O proxecto de Compromis, no pais Valencia, naceu en formato de coalición electoral e so na actualidade, cinco anos despois, está en condicións de transformarse en organización política e de paso dar o sorpasso ao PSPV.
Nada está seguro, nos merodean os vellos pantasmas e os novos medos, pero o camiño so e dos que se arriscan con lealdade e traballo.