Unha educación para ricos

A educación universal e de calidade é condición necesaria para garantirmos unha relativa igualdade de oportunidades que faga inclusiva e aturábel a convivencia social. Dende a Lei de Educación de 1970 e, nomeadamente, dende a xeneralización do sistema de bolsas, medrou substancialmente a achega de alumnos das clases medias e traballadoras ao ensino superior e, canda ela, a mobilidade social.

Do que se trata é de garantirmos que os menos privilexiados vexan removidas as chatas habitacionais, culturais e mesmo alimentares para o seu acceso aos niveis educativos, sen que esas chatas sexan unha barreira infranqueábel

O proxecto Wert tenta reverter este proceso de mobilidade e inclusión, volvendo a un ensino superior reservado ás clases privilexiadas, con certas concesións ao estudo de persoas moi brillantes a medio de bolsas. Velaí que no futuro sistema do PP poidamos aprobar cun 5, mais teñamos que acadar un 6,5 para obter ou anovar a bolsa, estruturada como unha excepción para “rapaces pobres con aproveitamento”.

Non existe un dereito absoluto a gozar indefinidamente de bolsas sen aproveitamento nin a accedermos  ao ensino superior. Do que se trata é de garantirmos que os menos privilexiados vexan removidas as chatas habitacionais, culturais e mesmo alimentares para o seu acceso aos niveis educativos, sen que esas chatas sexan unha barreira infranqueábel. E de propiciarmos esa mobilidade social inseparábel da democracia.

O proxecto Wert limita moi substancialmente as bolsas e tenta desincentivar o acceso dos estudantes menos privilexiados ao ensino superior, agás os máis dotados intelectualmente

O proxecto Wert limita moi substancialmente as bolsas e tenta desincentivar o acceso dos estudantes menos privilexiados ao ensino superior, agás os máis dotados intelectualmente. Na Galicia haberá reválidas nas que empresas contratadas polo Ministerio van corrixir ...os resultados educativos da Xunta de Galicia! Unha caste de señores de negro que cumprirán o plan de converter o ensino máis nun instrumento de adoutrinamento  ca  de cohesión social e preparación intelectual.  

 

Galicia Bilingüe na Academia de Belas Artes.

Galicia Bilingüe ven de presentar a súa revista na sede da Academia Galega de Belas Artes, nun acto partillado polas Presidentas de cadansúas entidades

Galicia Bilingüe ven de presentar a súa revista na sede da Academia Galega de Belas Artes, nun acto partillado polas Presidentas de cadansúas entidades. Esquecen a Presidenta Goicoa e demais colaboradores de quenda que, no eido lingüístico, a autoridade é a Real Academia Galega. Unha Corporación de Dereito Público, que lle debe a súa sede e financiamento ás Administracións Públicas, non pode secundar teses de parte e menos as dun grupo que disente de xeito radical dos valores de consenso lingüístico do Estatuto de Galicia.

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.