Ferdinand Foch escribiu en 1903 Os Principios da Guerra: Superioridade psicolóxica, Vontade de conquista e Series ofensivas permanentes. No 14 adapta a teoría á práctica: “A miña ala esquerda está a ceder, a dereita retírase, a situación é excelente, así que vou atacar”. O xeneral Foch pertenceu á elite asasina e desapiedada da Primeira Guerra Mundial, mais a arte da guerra é un saber universal, aplicábel a outros ámbitos.
Non serve o concepto de normalización lingüística, útil só para a recuperación pos-franquista. Ademais cómpre romper o vínculo entre o galego e a etnografía
Permítanme agora un chimpo.
A situación da lingua galega é penosa, é excelente desfacéndose dos lastros mortos e buscando os mellores flancos para avanzar.
Non serve o concepto de normalización lingüística, útil só para a recuperación pos-franquista. Tampouco serve dirixirse á totalidade da poboación, ou brincar dun sector para outro, porque é non dirixirse a ninguén. Menos aínda a evocación queixosa e morriñenta do pasado, ausente do mundo. Ademais cómpre romper o vínculo entre o galego e a etnografía, unha doutrina letal, fundamento do grupo de poder lingüístico hexemónico en Galicia: distáncianos do grande bloco galego-portugués, marxínanos da intercomunicación contemporánea, corta a experimentación e está a aniquilarnos.
Na manifestación do día 8 de marzo predominaban os letreiros en castellano. Ese sería o campo de traballo. Sen laios permanentes nin beaterías.
As mulleres feministas novas carecen case todas de conciencia lingüística, afortunadamente. Na manifestación do día 8 de marzo predominaban os letreiros en castellano. Mais pensan en chave colectiva, establecen obxectivos de xustiza e igualdade e posúen enerxía. Ese sería pois o campo de traballo. Sen laios permanentes nin beaterías.
(A beatería é a a virtude afectada)