Resulta indiscutible que no curto período que leva o goberno español de quenda (PSOE/UP) as súas políticas están tendo, a pesar da difícil contorna -pandemia, guerra en Ucraína, inflación, ruptura das cadeas de distribución....-, resultados positivos en aspectos claves que eran claramente deficitarios: emprego, benestar, igualdade..... Resultados que son froito de políticas progresistas como, por caso, sucede cos Orzamentos Públicos que están entre as actuacións mais destacables, definidoras e importantes dun goberno.
Son tres anos nos que se ven apostando por uns orzamentos anticíclicos e con un forte acento social. Uns orzamentos, xa que logo, estabilizadores que tanto contribúen de xeito importante a creación de emprego e benestar social, a redución das desigualdades sociais e territoriais como axudan a crear resistencias e despexar incertezas
O Proxecto de Orzamentos Xerais do Estado 2023 recentemente aprobados polo Congreso de deputados por unha maioría parlamentaria -187 deputados pertencentes a 11 partidos- seguen a senda iniciado por este goberno no ano 2021: tres anos nos que se ven apostando por uns orzamentos anticíclicos e con un forte acento social. Uns orzamentos, xa que logo, estabilizadores que tanto contribúen de xeito importante a creación de emprego e benestar social, a redución das desigualdades sociais e territoriais como axudan a crear resistencias e despexar incertezas. Tres anos nos que os orzamentos contaron cunha maioría parlamentar suficiente como ven de suceder e que ven a dar unha estabilidade política e macroeconómica moi necesaria nun contexto europeo marcado polas incertezas.
Entrando a debullar os aspectos fundamentais dos orzamentos 2023 e no apartado dos GASTOS as cifras confirman que o goberno español mantén o seu compromiso de seguir reducindo o déficit social que agochaba España. Un compromiso co Estado de benestar -reflectido fiscalmente nun incremento do 11% no gasto social: 274.500 millóns de euros, o gasto público social mais elevado da historia, que se leva o 56,5% do PGE2023 -o 39,2% corresponden as pensións- e que equivale ao 20% do PIB. Un compromiso que se comproba na análise, por caso, das transferencias correntes (66,2% do gasto social) algo do que comunidades como Galicia, polo seu grande déficit social, se ven claramente beneficiadas.
En materia de benestar social o goberno español mantén os seus compromisos relativos tanto ao mantemento do poder adquisitivo das pensións consonte ao IPC -que beneficiará a case 700.000 pensionistas galegos/as- como o aumento das contías da percepción por desemprego a partir do sexto mes (60% da base reguladora) e do Ingreso Mínimo Vital
Así se pode comprobar como en materia de benestar social o goberno español mantén, por caso, o seus compromisos relativos tanto ao mantemento do poder adquisitivo das pensións consonte ao IPC -que beneficiará a case 700.000 pensionistas galegos/as- como o aumento das contías da percepción por desemprego a partir do sexto mes (60% da base reguladora) -do que se beneficiarán uns 25.000 desempregados/as galegos/as- e do Ingreso Mínimo Vital -que chega a 25.000 fogares galegos- neste caso na mesma proporción que as pensións non contributivas. Hai que sinalar ademais que en relación as pensións se incrementan os fondos do "peto das pensións", que fora baleirado durante os gobernos de Mariano Rajoy (PP), Se incrementa o gasto público nas funcións de sanidade (+6,7%), ensino (+6,6%), dependencia (+21,4%: en Galicia hai mais de 4.000 dependentes en lista de espera), infancia e familia (+5%), maiores (+4,5%) e fomento de emprego (+5%: 144.000 desempregados en Galicia). Medidas que confirman tanto o compromiso do goberno español de mellorar o moi deficitario estado de benestar como que hai que teimar neste camiño si queremos equipararnos aos estados europeos mais avanzados.
En relación as axudas para a modernización do tecido produtivo hai que subliñar a entrada en acción dos fondos NEXT GENERATION que prestan especial atención a área de I+D+i (25,5% do gasto) e de Industria e enerxía (15,5%) dentro dunha estratexia xeral de cambio de modelo produtivo (72%) e de apoio as PEMES. Unha visión non tan positiva ten o elevado incremento do gasto en defensa (25,8%) -que se leva ademais o 42,3% do investimento público- o que, loxicamente, vai en detrimento doutros gastos mais necesarios. Un investimento público que nun 8% localizarase en Galicia -o quinto en importancia-.
No apartado dos INGRESOS subliñar que si ben estes orzamentos presentan uns ingresos claramente superiores aos dos exercicios anteriores (+6,1% nos ingresos non financeiros, +7,7% nos ingresos tributarios), froito fundamentalmente dunha maior progresividade (o 54,1% do incremento procede dos Impostos directos) e xustiza fiscal (entrada en vigor do Imposto solidario sobre as grandes fortunas) non teñen o calado suficiente por mor de non atacar como sería preciso tanto a fraude fiscal (GESTHA cifra en 91.600 millóns de euros a fraude fiscal anual en España: 32.000 millóns por riba da media europea) como a desigual distribución das cargas fiscais entre as rendas do traballo e do capital (o tipo medio das rendas mais baixas -28%- é equivalente ao das rendas mais altas -27%-).
No apartado dos INGRESOS subliñar que se ben estes orzamentos presentan uns ingresos claramente superiores aos dos exercicios anteriores froito fundamentalmente dunha maior progresividade (o 54,1% do incremento procede dos Impostos directos) e xustiza fiscal (entrada en vigor do Imposto solidario sobre as grandes fortunas) non teñen o calado suficiente por mor de non atacar como sería preciso tanto a fraude fiscal
Unha decisión que impide que estes orzamentos se poidan cualificar como expansivos (o incremento do gasto non financeiro é inferior ao esperado do PIB), que reduce a marxe de manobra do goberno e que contribúe a que a débeda pública se manteña en cifras moi elevadas (agardase que 2022 peche cun rateo do 115,2% sobre o PIB e 112,4% no 2023) aínda que, é de xustiza subliñalo, en baixada nos tres últimos exercicios (120,4% no 2020). Outros dous asuntos relevantes en relación a débeda pública son que as cargas financeiras so se levan o 33,1% dos ingresos por débeda quedando o 66,9% restante para gasto social e investimento produtivo e que os ingresos por débeda diminúen nun 57,7%, cifras que demostran unha excelente xestión da débeda.
Como conclusión xeral sobre estes Orzamentos Xerais do Estado 2023 sinalar que aínda que non supoñen un cambio radical senón moderado -moi moderado diría eu- son un camiño na boa dirección: manteñen un volume de gasto público histórico que sen dúbidas turrará do gasto privado (o gasto público convertese inmediatamente en ingreso privado), se incrementa o investimento público (I+D+i) cando o investimento privado se contrae, se protexe aos mais desfavorecidos e se oferta un horizonte. No lado negativo están as xa citadas insuficiencias fiscais e a marcha da débeda pública que, a pesar de que reduce o seu peso (PIB), esixe cada vez con maior urxencia unha estratexia alternativa: ámbalas dúas dinámicas están moi ligadas.