Uruguai: volver ter un país solidario

Vista de Montevideo CC-BY-SA Marcelo Campi

Estou a celebrar o éxito de que na miña benquerida República Oriental do Uruguai puidesen xuntarse 800.000 sinaturas para a derrogación de 135 artigos dunha lei de Urxente Consideración (LUC) que sen previa discusión parlamentaria foi elaborada polo actual goberno coa intención de desmellorar a convivencia cidadá mediante a inxección en vea do máis velenoso neoliberalismo. A pesar de ter todo na contra por mor da pandemia e da activa campaña desinformativa dos mercenarios mediáticos obtivéronse unha cantidade de sinaturas que rebordan con amplitude o establecido na Constitución para a convocatoria dun referendo.

Síntome confortado despois da tristeza recibida pola derrota da Fronte Ampla nas pasadas eleccións e coido que o 8 de xullo marca o comenzo da conta atrás para a saída dos sinvergonzas da Alianza Lacayista que veñen de empobrecer a máis de 100.000 cidadáns que hai un ano eran membros da clase media. As sinaturas abren o camiño para volver a ter un país solidario e son un paso adiante para frear os ataques do goberno ao benestar conseguido durante tres mandatos consecutivos nos que a Fronte Ampla mantivo un crecemento ininterrompido da economía. 

Penso que as sinaturas teñen un dobre efecto: a) fortalecen o ánimo do electorado fronteamplista; b) baixan os fumes dos integrantes da coalición desgobernante. De agora en diante van ter que ir con coidado xa que máis dun millón de cidadáns non forman parte do rabaño de abducidos masoquistas que aplauden a medida que sexa se fai máis ricos aos que máis teñen. Nos vindeiros meses, os mercenarios mediáticos, terán moito choio xa que bombardearán con boludeces para manter o gando no curral. O certo é que teñen xente de recoñecida traxectoria coimera para manipular a quen xa ten o veleno do odio no seu corazón. Non quero esquecer a dúas persoas moi cheirentas, apelidadas Bianchi e Gandini, que coa súa máxima indecencia fan de coiraza do presidente Lacalle Pou. 

As sinaturas son vitamina para o votante fronteamplista e tamén, sen dúbida, un chamado de atención aos dirixentes partidarios. Algúns estaban un pouco adormecidos. Coido que rematou o sentimento de pesimismo. 

As sinaturas son vitamina para o votante e tamén, sen dúbida, un chamado de atención aos dirixentes partidarios. Algúns estaban un pouco adormecidos. Coido que rematou o sentimento de pesimismo. A Fronte Ampla é o partido político máis forte do Uruguai e por tanto ten a responsabilidade de evitar que os malandras dos partidos tradicionais afundan no desemprego e na desigualdade ao país que tiña, dentro da rexión, os mellores índices de desenvolvemento económico-social. As empresas públicas [ANTEL/OSE/UTE] son eficaces e dan beneficios pero queren ser privatizadas polo goberno para así repartirse uns bos millóns de dólares. Envolven aos seus votantes coa chamuyada de que “los empleados públicos no laburan” para agachar que soamente buscan o enriquecemento persoal. Son autoritarios e ladróns e moi admiradores de Macri e Bolsonaro.

Aínda que afastado da Banda Oriental, sigo xunguido en harmonía sentimental coa terra do moi grande Xosé Artigas. Sentín unha aperta de irmandade cando, o 27 de novembro de 1958, baixei do “Cabo de Hornos” no porto de Montevideo. A paixón fronteamplista foi o resultado da miña fonda admiración polo xigantesco heroe ético, Artigas. Se observamos a historia dos últimos 50 anos, vemos que a Fronte Ampla defende os mesmos ideais que don Xosé. O meu desexo é que o Uruguai sexa un lugar onde a xustiza social chegue a todos os seus currunchos pero o problema é que a dereita neoliberal esnaquizou o tableiro de xogo e convertiu aos adversarios en inimigos. O psicoanalista arxentino Jorge Alemán adoita escribir sobre a presenza do “odio” na política actual: Los argumentos conllevan cierta posibilidad dialéctica, el odio solo quiere destruir. El odio amalgama a distintos seres, que se responsabilizan de ellos mismo odiando a un objeto exterior que existe solo como blanco de las imputaciones. La cuestión es que hay mucha gente que no quiere saber nada de su responsabilidad frente a la historia y el odio es su cortada perfecta. O seu comentario é tamén e por desgracia de aplicación no Reino de España xa que se estás envelenado, no es ti o dono das túas accións, reaccións ou razoamentos. 

No Uruguai, os votantes fronteamplistas deben de esforzarse na loita para facerlles entender aos seus veciños que o odio non debe formar parte de ningún menú electoral. Hai que volver ao debate de ideas para que o país poida avanzar e conseguir a reducción da pobreza e a eliminación da marxinación.

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.