Penso eu que na literatura, maiormente na novela, é onde a escrita reproduce a mentalidade da persoa creadora, e non só polo tema, ou os protagonistas, que tamén, senón polo discurso, as palabras que utiliza, as persoas que salva ou condena nos conflitos, as reflexións nas conversas, no que cisman e non comunican, ou si, nos actos, comportamentos, proxectos, e un longo etcétera. É moi difícil falsear ou perverter a ideoloxía. Incluso con pretensión de facelo, unha crítica intelixente facilmente o descobre.
Quen é Vargas Llosa? O escritor comprometido nalgunhas das súas novelas, ou o que fai comentarios absurdos coma este do feminismo ou defende unha política económica de dereitas porque non comparte a ideoloxía do réxime cubano?
Penso, pola contra, que é relativamente doado, participar nun partido de signo diferente, ou mesmo contrario, facer declaracións, incluso no ámbito público, escribir un panfleto, reenviar un WhatsApp que nega os propios criterios. Tamén sucede que escritores que teñen actuacións políticas consideradas da esquerda ou da dereita, xa son lidas coa certeza da súa pertenza a esas ideas.
Este simple preámbulo serve para mostrar a estrañeza ante os comentarios que fai Vargas Llosa sobre o feminismo como antídoto da literatura, comparándoa coa relixión ou os gobernos fascistas. Que incongruencia!! A relixión si é incompatible co feminismo como causa da desigualdade entre os sexos e da inxustiza social. Pero a literatura…! De onde lle vén esa teima antifeminista ao autor de a magnífica novela A festa do Chivo, onde denuncia o abuso sexual sen disimulo.
O seu antifeminismo está instalado a ferro nunha engurra do seu cerebro emocional, tan fondamente que pode razoar en ocasións coma se non o fose. Non é único
Quen é Vargas Llosa? O escritor comprometido nalgunhas das súas novelas, ou o que fai comentarios absurdos coma este do feminismo ou defende unha política económica de dereitas porque non comparte a ideoloxía do réxime cubano? Cal é o auténtico? Estamos ante un falsario ou un cismático contumaz?
O seu antifeminismo está instalado a ferro nunha engurra do seu cerebro emocional, tan fondamente que pode razoar en ocasións coma se non o fose. Non é único. Este comportamento é propio de moitos homes que reaccionan negativamente ante certos aldraxes e violencias contra as mulleres, sen que lles deixe de saír o machismo en ocasións polos poros como puños. De non ser así, como escribiría Pantaleón y las visitadoras, coma se fose o máis divertido do mundo?
Seguramente non se decata o escritor de algo evidente. A literatura foi asunto de homes durante séculos
Volvendo á literatura. Seguramente non se decata o escritor de algo evidente. A literatura foi asunto de homes durante séculos. Poucas mulleres souberon ler e menos escribir, até o s.XIX. Dúas mulleres galegas, Rosalía de Castro e Emilia Pardo Bazán, foron grandes escritoras que fan nas súas obras críticas á sociedade patriarcal e ao maltrato e abuso sexual das mulleres, xa na súa época. Recoméndolle o ensaio As Literatas de Rosalía de Castro para irse informando sobre mulleres na literatura, uns seres raros que se metían nun rol masculino e escandalizaban á sociedade. Eran cualificadas como tolas, inmorais viriloides e todo tipo de ofensas e insultos. Non deberon ser lidas por Vargas Llosa estas primeiras autoras, nin tampouco a escritora modernista inglesa do grupo Bloomsbury, que escribiu o ensaio feminista Un cuarto propio, iso do que carecían as mulleres para poder escribir, ou a Mary Shelley que neste ano fixo dous séculos o seu Frankenstein, o novo Prometeo, a novela máis importante e progresista da época.
As escritoras foron proliferando durante o S.XX. Tamén se introduciron en todos os campos do saber, e na política, sendo así como a feminista e avogada Clara Campoamor, conseguiu o voto para as mulleres españolas no ano 1931 no goberno da República. Tamén o famoso escritor debe consideralo nefasto para a literatura. Cando aínda non pasou un século xa temos gobernos paritarios no país. Un desastre para a creación!
Pódese afirmar que a medida que se difunde o feminismo, medra a escrita feminina, en calidade e cantidade. Escritoras premios Nobel e de todos os países, e incluso algunha entra en redutos masculinos tan exclusivos como as Academias. Na actualidade, coa incorporación de mulleres nacidas nos 80 e 90 o número de escritoras incrementouse.
Cando o señor Vargas di literatura quere dicir pornografía, e teme que xa non se poidan escribir Lolitas con incitación á pederastia
Hai moito que predominaban as lectoras sobre os lectores. Ademais, as mulleres len a escritoras e escritores, mentres os homes, non. A súa cultura é cada vez máis reducida. Mágoa. Parece que Vargas Llosa ten razón cando relaciona o feminismo coa literatura. Está demostrado que canto máis feminismo, máis literatura.
Lamento que despois de La ciudad y los perros, Conversaciones en la catedral e tantas boas novelas, envelleza tan mal. Non anda moi ben relacionado, e neses saraos só vai desenvolver o cerebro límbico
Pero, vaiamos ao miolo da cuestión. Cando o señor Vargas di literatura quere dicir pornografía, e teme que xa non se poidan escribir Lolitas con incitación á pederastia. O cal non quere dicir que a literatura vaia ser sosa, que non haxa crimes ou sexo. Quere dicir que non se debe facer apoloxía de normas ou comportamentos que cómpre desterrar. Como a pena de morte, ou a prostitución, por exemplo. E isto non é algo que afecte ás escritoras. Vargas non podería publicar agora a súa novela Pantaleón y las visitadoras. Xa hai moitos anos que o Goberno en Xapón se desculpou coas mulleres que levaran para uso sexual dos soldados.
Lamento que despois de La ciudad y los perros, Conversaciones en la catedral e tantas boas novelas, envelleza tan mal. Non anda moi ben relacionado, e neses saraos só vai desenvolver o cerebro límbico.
Publicidade