Daniel Ortega, presidente da República e antigo guerrilleiro sandinista, envía francotiradores contra o pobo
Case non se cre. Nos anos setenta un réptil asasino chamado Anastasio Somoza, ordenaba aos seus torturadores e á súa maldita Guardia Nacional bañar en sangue a terra de Nicaragua para seguir mandando.
Agora mesmo Daniel Ortega, presidente da República e antigo guerrilleiro sandinista, envía francotiradores contra o pobo, ordena disparar ao corazón e á cabeza contra nenos e adolescentes desarmados, mata bebés e desprega forzas paramilitares para asolar as poboacións e as casas. A policía e o exército existen para soster o novo criminal. Os torturadores non dan feito no cárcere de Chipote. Como se Ortega estivese subsumido dentro de Somoza e dos seus antepasados.
Mente quen diga que a revolta está apadriñada pola embaixada de EEUU. O silencio dunha parte da esquerda mundial é intolerábel
Trátase dunha revolta espontánea, dos pobres e dos xovens, cuxo último precipitante foi a diminución das pensións, nun estado corrupto, neoliberal, entregado aos poderosos e cun desapiadado ladrón principal, que é o presidente. Mente quen diga que a revolta está apadriñada pola embaixada de EEUU. O silencio dunha parte da esquerda mundial é intolerábel.
Publicidade