Volvendo ós Balcáns, cosmopolitismo ou internacionalismo?

Mapa do conflito de Nagorno-Karabaj coas fronteiras anteriores á última guerra ©

O que me interese é amosar a actitude política ante este abandono dos armenios á súa sorte. Aínda que axentes propagadores do postmodernismo político afirman que se trate do mesmo, o internacionalismo e o cosmopolitismo son antagónicos

Aínda que non foi moi difundido nos medios de desinformación, a maioría de nós xa tivemos noticias do sucedido en Novorni- Karabaj. Esta zona del Cáucaso non se caracteriza por ser unha das máis conflitivas do globo, máis alá da guerra étnica que sucedeu á desintegración da URSS e que rematou en 1994 cun alto ó fogo, e su repetiu no 2016 ca guerra dos 4 días. Dende entón neste territorio entre Armenia e Azerbaián (ó que pertence en teoría) estableceuse a autoproclamada República de Artsaj, apoiada polo goberno de Armenia aínda que se atope en territorio azerí. Segundo datos dos censos na zona habería un 77% de armenios en 1989, sendo en 2015 practicamente a totalidade da poboación. O pobo armenio está historicamente adscrito á relixión cristiá, e ó de Azerbaián á musulmá (sendo este un vínculo de unión con Turquía, aínda que os diferenza o culto chii e o suní). Distanciándonos das cuestión étnicas non debemos esquecer que nesta zona circulan importantes oleodutos rusos e iranís, cuxa emisión cara Europa é responsabilidade de Turquía. Tras as escaladas armadas iniciais as potencias titoras de ambos países (Rusia e Turquía) firmaron un pacto no que o canalla goberno de Armenia se abstén de intervir na zona. Deste xeito estamos ante un caso de claudicación rusa ante os intereses de islamización e limpeza étnica dos que está detrás Turquía. Pero iso non é o peor, xa que os pactos crean unha situación de indefensión dos armenios na zona ante un novo potencial xenocidio (tal como foi o tristemente célebre primeiro xenocidio do século XX, practicado polos otomanos nos tempos da Gran Guerra). 

Máis que tratar de facer un simple resumo da situación xeopolítica no Cáucaso, o que me interese é amosar a actitude política ante este abandono dos armenios á súa sorte. Aínda que axentes propagadores do postmodernismo político afirman que se trate do mesmo, o internacionalismo e o cosmopolitismo son antagónicos. Para amosa isto é clarividente o sucedido en Navorno- Karavaj. Mentres que o cosmopolitismo condena ós armenios a un novo exterminio facendo chamados vagos á “paz”, ó respeto ó fundamentalismo islamista (que non é intrínseco á fe musulmá), ou simplemente escondendo o tema, o internacionalismo pretende evitar as limpezas étnicas, sexan do signo que sexan, tanto da que o sufran cristiás como maradonianos. No referente á motivación orixinaria destes conflitos, tal como se observa polo paso dos oleodutos na zona, volvémonos atopar co omnipresente camuflaxe étnico- relixioso de conflitos económicas. Polo tanto, de novo volve a fallar a teoría do choque de civilizacións de Huntington. 

O que sucede en Novorno- Karabaj non é unha cuestión relixiosa de moros contra cristiáns, non é unha cuestión étnica, é unha cuestión xeopolítica, un intento de que todos os conflitos sexan rexidos por motivacións idealistas (neste caso promovendo a islamización) e non de clase

No caso español, na “esquerda” antiobreira atopámonos tanto ca omisión do tema como con outro sector de ilusos (por non chamarlles algo máis forte) que defenden o imperialismo ruso, non entrándolles na cabeza que no referente á dominación imperial, a libre elección de amo non remata ca escravitude. Por outro lado a extrema dereita, baixo a estúpida bandeira do catolicismo e falando dunha nova cruzada, foi o único sector político que se posicionou sobre o asunto. Porén, o que fixo foi manifestarse xunto ca embaixada de Armenia, representación dese mesmo goberno que non dubidou en pactar con Turquía e condenar ós armenios ó exterminio, amosando que os dous son igual de canallas. Mentres isto sucede difundíronse vídeos salvaxes do exército azerí e turco presumindo das súas matanzas afirmando que esa sorte será a que correrán os armenios da zona. 

O que sucede en Novorno- Karabaj non é unha cuestión relixiosa de moros contra cristiáns, non é unha cuestión étnica, é unha cuestión xeopolítica, un intento de que todos os conflitos sexan rexidos por motivacións idealistas (neste caso promovendo a islamización) e non de clase. A guerra é a acción humana máis repugnante que existe, e a todas luces é indesexable, pero iso non é escusa para abandonar ó heroico pobo armenio (quizais xunto co palestino ou o saharaui un dos máis maltratados históricamente) ante a masacre fundamentalista, que ó igual que Huntington, o que pretenden é impor un mundo plano, homoxéneo e irreal. 

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.