Wertgoña

 

A moitos cidadáns resultaralles estraño que o Ministerio de Educación, Cultura e Deporte poida ter competencias sobre festexos taurinos. Resulta estraño pola obviedade que resulta cualificar como educación, cultura ou deporte tal atrocidade. E tamén, lles resultará estraño que mentres o señor ministro adique verbas de apoio e adulación aos toureiros, aficionados, empresarios das prazas, apoderados… dedique soberanos esforzos a recortar todo o que considera prescindible: Educación e Deporte, pero tamén Cultura, a verdadeira cultura, aquelas que non nos fai quedar como auténticos atrasados profundos no resto do mundo.

Este tertuliano camuflado de ministro non deixa de favorecer a expansión de redes sociais como Twitter, con declaracións inflamadas de violencia e incontinencia verbal

Este tertuliano camuflado de ministro non deixa de favorecer a expansión de redes sociais como Twitter, con declaracións inflamadas de violencia e incontinencia verbal. Agora sae con que o ministerio que dirixe (dirixir?) pretende aprobar un plan de fomento da tauromaquia e activar unha comisión nacional adicada a esta anormalidade legal e moral.

Nestes tempos que corren, coa austeridade que domina determinados gobernos e onde a cidadanía sofre a peor parte, con tesoirazos en aspectos considerados como básicos pola lóxica elemental de calquera ser humano.

Comeza Wert suprimindo becas e adicando aínda máis cartos a pagar a tortura animal. Guste ou non, as touradas van entrar na mente dos españois a golpe de cheque

Comeza Wert suprimindo becas e adicando aínda máis cartos a pagar a tortura animal. Guste ou non, as touradas van entrar na mente dos españois a golpe de cheque. Todas e todos teremos a sorte de subsidiar cos nosos impostos o Premio Nacional de Tauromaquia, dotado con 30.000€, e que parabeniza ao mellor carniceiro, de subsidiar os abonos e invitacións de diferentes prazas de touros, e en definitiva de financiar un entramado de violencia e tópicos rancios.

Non, as touradas nin forman parte da identidade da cidadanía, nin son un ingrediente da marca España, equiparable entón a calquera veleno, nin o pobo quere pagar a tortura e martirio dun ser vivo para goce e disfrute das elites.

As touradas nin forman parte da identidade da cidadanía, nin son un ingrediente da marca España

Un bo comezo para o que se presume unha lexislatura de apoio á Wertgoña Nacional. Por iso, non resulta estraño que Mozos pola Abolición lance unha campaña neste senso, baixo o mesmo lema e á que se pode acceder dende esta ligazón.

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.