Xunta de Galicia: "Comercial" de...

A manifestación pola sanidade pública, no Obradoiro. 12 de febreiro de 2023 CC-BY-NC-SA PSdeG

Comercial: “persoa que traballa para unha organización que xera estratexias de promoción e venda dun producto, de maneira que podan chegar o consumidor de forma eficaz. Actividade mercantil”.

 

Por definición, dedicarse á “Pública”, ten como obxetivo administrar e xestionar de maneira hábil e transparente, os recursos públicos, tanto os materiais como os humanos, de maneira que poda satisfacer as necesidades primordiais da sociedade que xestionan. 

Sucede ísto ca Xunta de Galicia? Creo que non. A administración do PP, está agora en disputa cos xuices galegos, pois non lle dan a razón no tema dos eólicos. Como bo “comercial”, o señor Rueda, pelexa con todalas súas armas, para que a xudicatura lle dé a razón en algo que é inxusto, pois neste momento, temos cuberto con moito o noso cupo enerxético. E como alumno aventaxado, implícase de forma intensa na eólica mariña, desprezando aos mariñeiros galegos.

Actúa de forma descarada, concedendo autorizacións para minas que son contaminantes dos terreos onde están e da contaminación posterior a través das terras e das augas. Exemplos temos e co perigo de facer fracasar as campañas marisqueiras pola contaminación das nosas rías.

Apoian e apoiaron ós lobbies e grandes fortunas, como foi o caso da banca galega: as caixas de aforros, foron expoliadas e entregadas a un magnate venezolano con inxentes beneficios, grazas a boa labor dos gobernos de Feijoo primeiro e Rueda despois.

Por que o goberno da Galiza está en contra da Lei de Vivenda? Será porque as grandes inmobiliarias do país podan perder os enormes beneficios ca especulación existente?

...e as eléctricas: non temos máis que recordar o Sr. Galán, botándose enriba de Feijoo cando gañou as eleccións. Beneficios a esgalla, mentras os cidadáns, pagan pola electricidade cantidades desorbitadas.

E no transporte público? Lobbis, acaparan todolos servizos, cunha administración que mira para outro lado ante as desfeitas do día a día nos desprazamanentos.

En sanidade, a administración do PP alíase ca alta tecnoloxía sanitaria e despreza a contratación de persoal que é o que máis precisa o sistema...pero con salarios de miseria, inestabilidade e precariedade laboral, dicindo “que non encontran profesionais para cubrir prazas”, co que o desmantelamento está garantido. Así, estamos vendo que a privatización é a estratexia do PP. O tema dos aparcadoiros nos recintos hospitalarios, xá é de traca!

As Residencias de Maiores en mans da iniciativa privada e incluso facendo bandeira de Residencias doadas a Pública por Amancio Ortega, que o PP as está “entregando” ó clero e a institucións que so queren un lucro rápido e non a atención de calidade ás persoas maiores. É Indecente. Cero residencias públicas en 14 anos de goberno!

Opóñense a revalorización das pensións según o IPC. Incrible pero certo! A súa pretensión é subilas “o 0,25% cada ano”. Váia miseria! Xa non falemos do Salario Mínimo Interprofesional, que se supón beneficiaría a unha amplia poboación (non a lobbies concrétamente). Pero son así, “é o seu carácter”.

Desprezan ós gandeiros galegos cos precios do leite máis baixos do estado; e igual cos mariñeiros e a industria en xeral. Pero iso sí; rebaixan os impostos ás grandes fortunas: indecente!

Alíanse co “Camiño de Santiago” e o turismo en xeral, buscando cantidade e non calidade e non respectando os dereitos dos cidadáns por onde pasa ou termina o camiño, que deben “supeditarse” o éxito Rueda!

Non falemos dos colectivos LGTBI e da Lei Trans, onde nalgúns lugares que goberna o PP, pretenden cambiar as leis que defenden os seus dereitos.

Tanto “respectan” a Autonomía de Galicia, que en 14 anos, pediron 0 transferencias o estado!

Son capaces de facer de “comercial” de IKEA, e promocionar a Tarxeta Benvida e que se gasten os cartos públicos, nesta multinacional sueca, desprezando o pequeno comercio.

Podríamos seguir ata o infinitum: patronal do eucalipto, dos xogos de apostas, a CRTVG, o fomento da Univerdsidade privada, etc.


E sabendo todo ísto, hai xente que os vota e conseguiron maiorías. 

Esperemos que nas vindeiras eleccións, o vento cambie, para ben dos cidadáns galegos!

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.