Os xornais galegos e estatais recollen nas súas portadas a mudanza na tendencia tras un domingo no que o PP se derrubou ao perder a maioría de grandes cidades e autonomías. En Galicia só teñen asegurada Ourense e o PSOE podería presidir tres das catro Deputacións con pactos. A prensa provincial tamén recolle a victoria das mareas en Santiago e Coruña, a victoria de Lores en Pontevedra e a amplísima maioría de Caballero.
Os diarios estatais focalizan as súas portadas no xiro á esquerda agás La Razón, que titula cunha única palabra: Inestabilidad.
As portadas galegas e estatais debullan o 24M
-
La Voz de Galicia constata en tipografia grande o cambio na tendencia electoral galega -
Faro de Vigo destaca os resultados de Caballero -
Atlántico subliña a ampla victoria de Caballero -
O Diario de Arousa abre co eufórico PSOE que botou ao PP da alcaldía -
La Región, en Ourense, especula cos pactos do PP -
El Progreso titula coa necesidade de pactos na esquerda lucense -
O país opta por un titular longo e sen grandes destaques na tipografía -
El Mundo tamén subliña o cambio político -
La Razón afástase da liña de titulares doutras cabeceiras e resalta a inestabilidade -
La Vanguardia titula escueta pero incisivamente e abre con Colau -
No Gara van máis alá e xa se permiten falar dun réxime derrotado