Bárcenas mantén que o PP manexou diñeiro negro en todas as autonomías

Luis Bárcenas CC-BY-SA eldiario.es

O diñeiro negro fluía no PP até o último dos recunchos de España. Este é a mensaxe que deixou este xoves na Audiencia Nacional Luis Bárcenas, quen ante o xuíz Pablo Ruz asegurou: "O PP levaba unha caixa en todas as provincias para as eleccións". Na mesma liña, segundo fontes presentes na declaración, o ex tesoureiro asegurou que os ofrecementos para realizar doazóns irregulares multiplicábanse cando se achegaban as datas electorais.

Así as cousas, os últimos informes policiais e as declaracións de Bárcenas apuntan a tres conclusións: a caixa B do PP é anterior mesmo ao partido -comezou en tempos de Alianza Popular-, era "coñecida" polos presidentes do partido -José María Aznar e Mariano Rajoy- e os secretarios xerais supervisábana, e era un mecanismo practicado na sede central de Génova  e até o último recuncho de España onde teñen presenza os 'populares'.

En canto aos secretarios xerais, Bárcenas responsabilizou a Francisco Álvarez Cascos do encargo que recibiu de asumir a custodia e xestión da caixa B cando foi detido Rosendo Naseiro, en 1990. Bárcenas explicou que coñeceu a existencia da caixa B en 1989. "Ao deter a Naseiro danme a chave da caixa e alí había 8 millóns de pesetas", asegurou ante Ruz. Da responsabilidade de entregarlle a el o manexo da caixa, Bárcenas responsabilizou a Álvarez Cascos.

De Ángel Acebes dixo hoxe que lle encargou a compra con diñeiro negro de accións de Libertad Digital en 2004, por valor de 149.000 euros, pouco despois de que os socialistas gañasen as eleccións. A emisora foi un estandarte da oposición máis descarnada contra o Goberno de José Luis Rodríguez Zapatero.

Bárcenas reiterou que entregou 25.000 euros a Rajoy e outros tantos a De Cospedal antes de deixar a tesouraría.

Nin o presidente se librou. Bárcenas reiterou que entregou 25.000 euros a Rajoy e outros tantos a De Cospedal antes de deixar a tesouraría. Ademais, ao presidente renovóuselle o vestiario" para unha campaña por valor de 10.000 euros, todos eles procedentes da caixa B. A Cospedal volveu desmentila ao asegurar que el mantivo os poderes outorgados como tesoureiro no Congreso de 2008 até marzo de 2010 -e non outubro de 2009, como di a secretaria xeral-. Diso ten probas documentais, aínda que segundo declarou, no presente non as ten "clasificadas".

Ruz mostroulle o tres coincidencias entre cantidades ingresadas polo PP -segundo os papeis de Bárcenas, por valor de 180.000 euros- e os ingresos en contas de Bárcenas en Suíza. O ex tesoureiro atribuíuno a "meras coincidencias". Insistiu en que todas as doazóns irregulares eran xestionadas por Álvaro Lapuerta en reunións que mantiña el só ou en compañía do hoxe interrogado. E  esa dirección da maquinaria por parte de Lapuerta foi esgrimida por Bárcenas para defender que nunca colleu diñeiro da caixa B do partido. Sinxelamente, non podería facelo sen que Lapuerta o descubrise.

Para sorpresa das acusacións, Bárcenas dixo que podía asegurar que Lapuerta non ten contas en Suíza. "Sinto que o señor Lapuerta perdese a memoria, pero estaba ao tanto de todo", remarcou Bárcenas nun momento da conversa.

Máis información en Eldiario.es

Luis Bárcenas CC-BY-SA eldiario.es

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.