Os datos fiscais de Rajoy non cadran cos ingresos que declarou no Congreso dos Deputados

Rajoy, no Consello Europeo deste venres © Goberno de España

Os datos fiscais do presidente do Goberno non coinciden coa súa declaración de ingresos depositada no Congreso dos Deputados. O último dato enviado por Rajoy á Cámara Baixa é de 2010. Nese documento, Rajoy declara recibir 98.225 euros do Partido Popular en concepto de dietas e gastos de representación. Con todo, na declaración publicada na web de Moncloa a cifra é moito máis alta: 181.098 euros.

Non é o único desfasamento entre as cifras presentadas polo presidente. Mentres Rajoy declarou ao Congreso unhas retencións de 87.651 euros, no documento aloxado na web do Congreso as retencións declaradas ofrecen unha cifra distinta: 86.951 euros. As cifras presentadas por Rajoy a Facenda e ao Congreso non coinciden.

Fontes oficiais de Moncloa consultadas por eldiario.es sinalan que a explicación podería ser que Rajoy declarou ao Congreso ingresos netos e a Facenda os brutos. Con todo, a diferenza entre ambas as cifras é de case 100.000 euros que Rajoy percibía do PP e dos que nada dixo ao Congreso dos Deputados, segundo o cotexo da nova documentación publicada.

A declaración de 2010, segundo os datos fiscais Dominio Público Praza Pública
A declaración de 2010 no Congreso Dominio Público Praza Pública

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.