Rajoy dálles as costas a xuíces e fiscais para protexer a Gallardón

Rajoy, na rolda de prensa posterior ao Consello Europeo © Goberno de España

Rajoy decidiu facer luz de gas a xuíces e fiscais, en pé de guerra polas últimas decisións do ministro Gallardón. O pasado 29 de novembro todas as asociacións xudiciais decidiron enviarlle unha carta ao presidente do Goberno solicitando unha reunión. Nesa misiva advertían que xa non consideraban ao ministro de Xustiza interlocutor válido para os seus asuntos. Unha sorte de ponteo e un órdago que Rajoy non está disposto a tolerar.

O presidente do Goberno non se molestou en responder a esa misiva. Moi na súa liña, podería contestar diplomáticamente instando o diálogo co ministro, pero nin iso. Rajoy preferiu cociñar para xuíces e fiscais o máis sonoro silencio administrativo respecto diso.

O presidente do Goberno central nin se molestou en responder a carta

O apoio do presidente ao exalcalde de Madrid e eterno golfiño do PP tivo outro capítulo este venres durante a rolda de prensa posterior á reunión do Consello Europeo. Desde Bruxelas, o presidente do Goberno quixo deixar claro Gallardón ten o seu aval e o de todo o executivo.

O grupo popular no Congreso péchalles a porta a xuíces e fiscais

A todo o anterior súmase o portazo no nariz que o grupo parlamentario popular tamén lle dedicou a xuíces e fiscais. Os representantes da xudicatura estaban citados a unha reunión co grupo popular. A convocatoria partiu da parte política e a última hora a cita foi cancelada. Por utilizar un símil futbolístico o goberno e o Partido Popular quere achicar espazos ás asociacións xudiciais baixo a cosigna de que ou se reúnen con Gallardón ou non se reunirán con ninguén.

Rajoy defende a Gallardón coa mesma intensidade coa que defende a Wert

A convocatoria no Congreso realizouse a traves da Asociación Profesional de la Magistratura (APM), o grupo máis conservador e próximo ao PP a quen se contactou para realizar a reunión e a quen posteriormente, e a última hora, comunicouse a cancelación do encontro.

Rajoy defende a Gallardón coa mesma intensidade con que defende a Wert. Segundo fontes do PP, non se trata dun respaldo á súa xestión senón máis ben a vocación de escorrentar a pantasma dunha crise de goberno que baixo ningún concepto quere que lle veña imposta pola realidade e o que dela digan os titulares de prensa.

Rajoy, na rolda de prensa posterior ao Consello Europeo © Goberno de España

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.