"Esíxese a perfección ás traballadoras do fogar, pero esa perfección non se aplica á hora de pagar"
REPORTAXE | Compostela acolleu esta fin de semana as xornadas Traballo digno, no fogar e nos coidados, que visibilizaron a situación de precariedade que sofren os milleiros de empregadas domésticas (70.000 en Galicia), que reclaman ter os mesmos dereitos que o resto dos traballadores. Falamos con Teresa Rodríguez (Asociación Xiara) e Rocío Echevarría (Sindihogar/Sindillar)