13 feridos no accidente do Porriño seguen ingresados
Adif prevé reabrir este sábado a circulación de trens polo Porriño. Mentres, os viaxeiros son transportados en autobuses.
Adif prevé reabrir este sábado a circulación de trens polo Porriño. Mentres, os viaxeiros son transportados en autobuses.
As autoridades din que non teñen constancia de ningún fallo técnico, pero no accidente de Angrois ocultaron cuestións relevantes sobre eivas de seguridade porque argumentaban que o regulamento as permitía.
Un dos falecidos no sinistro é o maquinista portugués do comboio e outro o interventor vigués. Morreron tamén un mozo vigués de 23 anos e un turista norteamericano. Outras 47 persoas resultaron feridas de diversa consideración.