"Hai solucións, hai alternativas. E estas dependen de todos nós, de que nos organicemos"
Joaquín Miras vén de publicar co seu compañeiro Joan Tafalla en El Viejo Topo o libro La izquierda como problema, onde analizan a crise civilizatoria que estamos a atravesar e cuestionan o propio papel da esquerda. Miras incítanos a repensarnos como únicos "soberanos" da Historia. E a volver recuperar as prazas e palacios.