Sergio Lago

Sergio Lago

Formado en Deseño Gráfico e Educación Social, vén participando desde 2003 na creación e dirección de proxectos no ámbito cultural galego. En 2011 foi escollido como director de Culturgal, a Feira Galega das Industrias Culturais, desenvolvendo ata maio de 2013 o proceso de reformulación estratéxica do modelo de feira, así como a organización integral do evento anual. Posteriormente foi coordinador técnico da Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural.

Nos últimos anos impulsou, xunto a Marcos Lorenzo, a creación de BenCuriosa, un equipo de profesionais centrado na consultoría, a formación e o deseño de eventos ao servizo do coñecemento e da creatividade. Neste marco, destaca a creación e coordinación académica do Curso de Experto Universitario en Xestión Cultural da USC. Tamén, dende o 2016, é comisario e coordinador de Coruña Dixital, un programa innovador do Concello da Coruña que promove a difusión das novas prácticas creativas baseadas na cultura dixital.