Xoán Andrade
Xoán Andrade (Betanzos, 1959) conxuga dúas paixóns: a educación e a expresión gráfica. Froito da confluencia das dúas é o seu traballo como ilustrador do método para a aprendizaxe da lectura e a escritura en galego Chirlo Merlo (Ir Indo Edicións) ou dos materiais Coeducación afectivo-emocional e sexual, Temas transversais e educación de actitudes–Proposta para unha intervención integral a propósito da prevención da infección polo VIH-Sida e De nais e pais a fillas e fillos-ante a infección polo VIH-Sida (Xunta de Galicia).
Publicou colaboracións de humor gráfico en medios diversos (A Nosa Terra, La Región, Revista Galega de Educación, Ómnibus, Que Quede Quen o Conte,...). Os seus últimos traballos aparecen en medios dixitais como O Imperdíbel, Eivados de Galiza, Enchufados e tamén no seu blog persoal: Pingas de humor crítico.