O petróleo é unha mistura homoxénea de compostos orgánicos, principalmente hidrocarburos insolubes e auga. Tamén é coñecido como petróleo cru ou simplemente cru. Este recurso non renovable é a principal fonte de enerxía nos países desenvolvidos, e polo tanto en todo o mundo. Produto de grandes conflitos entre países, enormes cantidades de diñeiro e inclusive guerras, o petróleo é chave no noso desenvolvemento día a día, pero a pregunta é ata cando?
O petróleo, coma recurso non renovable, vai esgotarse algún día. Existe unha teoría moi aceptada sobre este tema. Trátase da teoría do pico de Hubbert, tamén coñecida como o cénit do petróleo. Esta teoría predí que a produción mundial de petróleo chegará ao seu cénit e despois declinará tan rápido como creceu. O debate non se centra en se existirá un pico de petróleo, senón en cando terá lugar xa que é evidente que o petróleo é un recurso finito.
Segundo a Axencia Internacional da Enerxía (AIE), a produción de petróleo cru chegou ao seu pico máximo en 2006. En cambio a Asociación para o Estudo do Pico de Petróleo e o Gas (ASPO), considera que o pico do petróleo tería ocorrido no ano 2010
O ano exacto do pico aínda está por determinar. Existen diversas opinións sobre isto. Segundo a Axencia Internacional da Enerxía (AIE), a produción de petróleo cru chegou ao seu pico máximo en 2006. En cambio a Asociación para o Estudo do Pico de Petróleo e o Gas (ASPO), considera que o pico do petróleo tería ocorrido no ano 2010, mentres que o do gas natural ocorrería algúns anos máis tarde. Polo contrario, as estimacións dos máis optimistas afirman que existen reservas para cando menos cen anos máis.
O pico do petróleo implicaría importantes consecuencias para os países desenvolvidos. Os usos do petróleo son abundantes. Na industria (plásticos, lubricantes), alimentación (latas, botellas), téxtil (nailon), limpeza (xampú), agricultura (insecticidas), medicina (próteses), mobles, papel… Estes son só algúns dos usos máis habituais do petróleo, polo que vemos que é moi importante nas nosas vidas.
Xurdiron unha serie de comunidades co desafío de soportar o dobre problema do cambio climático e o pico de produción do petróleo. Son as chamadas comunidades en transición. Todas elas forman parte do Movemento en Transición, que foi creado por Louise Rooney e popularizado por Rob Hopkins no ano 2006
Ante o futuro que nos espera xurdiron unha serie de comunidades co desafío de soportar o dobre problema do cambio climático e o pico de produción do petróleo. Son as chamadas comunidades en transición. Todas elas forman parte do Movemento en Transición, que foi creado por Louise Rooney e popularizado por Rob Hopkins no ano 2006. A proposta comezou en Kinsale, Irlanda, e proseguiu en Totnes, Inglaterra, ambas actualmente comunidades en transición. Hoxe en día existen comunidades en transición en todo o mundo, xa son centos os pobos e cidades recoñecidos oficialmente como comunidades en transición. Ademais, o número das mesmas no non para de crecer, chegando a tal magnitude que creouse un programa na BBC titulado The Archers, onde se fai un seguimento do Movemento en Transición.
Estas comunidades teñen unhas características comúns. As iniciativas das mesmas contan coa produción de hortas comunitarias para o cultivo de alimentos, empresas de intercambio de residuos, e tamén a reparación e a reciclaxe de obxectos en lugar de tiralos. Outra idea moi innovadora é a introdución dunha moeda propia. En Totnes, por exemplo, utilízase a libra de Totnes, que é canxeable en tendas e bares da cidade. Esta iniciativa tamén se utiliza nas tres cidades en transición que hai en Gales.
A Universidade de Santiago de Compostela tamén presenta unha área destinada a este movemento: USC en Transición
A Universidade de Santiago de Compostela tamén presenta unha área destinada a este movemento. USC en Transición é a comunidade creada pola universidade, a cal a través da posta en marcha de iniciativas de participación e educación ambiental, pretende reducir a pegada e débeda ecolóxica da USC, diminuír a súa dependencia enerxética e, a fin de contas desenvolver unha maior resiliencia no contexto de crise ambiental no que nos atopamos.
O programa da USC en Transición ten como obxectivo xeral a dinamización da comunidade universitaria da USC para poñer en marcha procesos de transición a pequena escala
O programa da USC en Transición ten como obxectivo xeral a dinamización da comunidade universitaria da USC para poñer en marcha procesos de transición a pequena escala. O punto de partida do seu programa son o campus universitario de Santiago e o de Lugo. Estes dous campos constitúen unha comunidade en si mesma cunhas características moi particulares que haberá que ter en conta á hora de levar adiante o proxecto. A participación é a base deste programa, xa que este non poderá ter éxito se non se converte nun programa da comunidade universitaria no se conxunto, é dicir, se non se deixa que sexa a comunidade a que se apropie de mesmo. Por último, cabe destacar a permeabilidade do programa da USC en Transición coas diferentes iniciativas e propostas que xurdan nas cidades, só incluíndoas e contando con elas poderanse alcanzar os obxectivos.
Existen pequenos grupos que levan a cabo actividades relacionadas coa transición. En Santiago de Compostela destaca o grupo Calidade do ceo, que ten a súa propia Web e que programa actividades coma unha charla-coloquio sobre contaminación lumínica ou un Roteiro nocturno na residencia universitaria Monte da Condesa.
A USC en Transición conta coa súa oficina na Rúa Nova de Santiago de Compostela onde se poden consultar calquera tipo de actividades que realicen. Para máis información sobre este grupo tamén se pode consultar a súa páxina Web.
*Reportaxe realizada polos alumnos de Xornalismo da USC
Cristina Knight Asorey
Miriam Iglesias Otero
Diego Mariño Román
Miguel García Varela