O legado de Aaron Swartz para a cultura libre

Aaron Swartz, nun acto contra a aprobación da SOPA Dominio Público Praza Pública

Aaron Swartz foi atopado morto na súa casa en Nova York este venres, aforcado. Pode que fóra dos ámbitos da rede e da cultura libre o seu nome non fose moi coñecido pero malia á súa curta idade, convertérase nun referente nas loitas contra o control de Internet -por exemplo as leis SOPA e PIPA- e pola creación de estándares coma o RSS ou de sitios como Reddit. Nos últimos meses incrementárase a presión da policía e da xustiza norteamericana contra Swartz, para o que pedían unha pena de 35 anos de cadea e o pago dunha multa dun millón de dólares no xuízo que debía comezar dentro de dous meses. Swartz fora arrestado o 19 de xullo de 2011 por cargos de "crime informático", "violación de termos de uso de JSTOR" e "entrar a unha área restrinxida".

O que Aaron Swartz fixo foi descargar 4 millóns de artigos científicos de JSTOR -a través da rede do MIT- suxeitos a copyright coa intención de liberalos

O que Aaron Swartz fixo foi descargar 4 millóns de artigos científicos de JSTOR -a través da rede do MIT- suxeitos a copyright coa intención de liberalos. JSTOR abandonou o caso pero o MIT mantivo a súa demanda, polo que o Departamento de Xustiza norteamericano continuou cunha presión, que segundo denuncian os familiares de Swartz, o levou á depresión e ao suicidio. Swartz foi un dos referentes da loita contra as leis SOPA e PIPA nos últimos tempos. A rede énchese hoxe de artigos de gabanza para Swartz, coma o que publica a Electronic Frontier Foundation, que salienta que "el fixo máis que case todos para que Internet fose un ecosistema próspero para o coñecemento aberto, e que se mantivese así”. O torrent de 35 Gb cos catro millóns de artigos que Swartz descargou pódese atopar con facilidade para quen queira descargalo.

Swartz foi un dos referentes da loita contra as leis SOPA e PIPA nos últimos tempos

A súa morte reabre moitos debates, coma o da necesidade que os datos e o coñecemento que se atopa nos textos elaborados por universidades e investigadores teñan que ser de acceso libre e aberto. De feito, moitos autores subiron os seus traballos en PDF á rede para a súa libre descarga cmo tributo a Swartz empregando a etiqueta #PDFtribute. Enrique Dans recomenda no seu blog que todos os investigadores que publiquen de forma aberta os seus paperspasando por riba dos dereitos de copyright que agora se reservan as revistas científícas ao publicalos.

Swartz deixa un legado de loitas cun obxectivo moi claro: a liberdade na rede e varios proxectos sen os que hoxe Internet non sería o que é

Aaron Swartz deixa un legado de loitas cun obxectivo moi claro: a liberdade na rede e varios proxectos sen os que hoxe Internet non sería o que é. Comezando polo estándar RSS 1.0 (Really Simple Syndication), un formato XML que permite compartir facilmente contidos. Ou a web de agregación Reddit, en cuxa creación colaborou. Ou o proxecto da Open Library, que intenta crear unha gran biblioteca na rede de maneira colaborativa e con acceso libre, e da que Swartz era director técnico.

Aaron Swartz, nun acto contra a aprobación da SOPA Dominio Público Praza Pública

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.