'Puntcat', un exemplo de éxito

Jordi Iparraguirre, director de la Fundació puntCAT, á esquerda © Fundació puntCAT

O 16 de setembro de 2005 a ICAAN (Internet Corporation for Assigned Names and Numbers) aprobou o dominio .cat. Era a primeira vez que unha comunidade cultural e lingüística acadaba esta posibilidade para rexistrar as súas páxinas web. Uns días máis tarde, o 21 de setembro ás tres da mañá, entrou en funcionamento a primeira páxina operativa (www.domini.cat, da Fundació puntCat).

Era a culminación de case unha década de traballo, que comezara en 1996 coa creación da Associació en Defensa del Domini .ct, un dominio de dúas letras, de carácter territorial, reservado en principio a aqueles países recoñecidos pola ONU ou por algunha das súas axencias. Mesmo cheogu a aprobarse unha proposición non de lei no Parlament de Catalunya que instava a Generalitat a acadar esta homologación. Finalmente, optouse por outra estratexia, a do dominio para comunidades culturais ou lingüísticas. En 2001 creouse a Associació puntCAT, que iniciou unha campaña de recollida de apoios entre a sociedade catalá, e tres anos máis tarde presentouse na ICAAN a candidatura oficial, co aval de 68 mil persoas, empresas e entidades, algo que nunca fixera ningunha outra candidatura.

En decembro de 2011, cinco anos despois da consecución do dominio, superáranse as 50 mil páxinas rexistradas co punt cat, o que garante que a Fundació punt CAT, que xestiona o dominio, é autosustentable

En decembro de 2011, cinco anos despois da consecución do dominio, superáranse as 50 mil páxinas rexistradas co punt cat, o que garante que a Fundació punt CAT, que xestiona o dominio, é autosustentable e pode reinvestir os seus beneficios en iniciativa a prol da cultura catalá. Nestes anos o feito de ter un dominio propio contribuíu decisivamente a que a lingua catalá tivese un lugar en Internet e se fixese visible no mundo. O dominio punt cat funciona, como demostran algunhas cifras, coma a taxa de renovación dos dominios (do 80%, fronte ao 70% dos .com) ou a taxa de densidade de información (o número de documentos indexados por Google en relación co número de páxinas), que sitúa o .cat moi por riba de calquera outro dominio en canto á súa utilización real (só o .museum se achega un pouco)

 

Jordi Iparraguirre, director de la Fundació puntCAT, á esquerda © Fundació puntCAT

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.