33 directores e directoras de departamento da Universidade de Santiago veñen de facer público un manifesto que amosa a súa preocupación polos recortes no financiamento das universidades prevista na Lei de Orzamentos da Xunta e reafirma que debe manerse a autonomía da USC. O texto sinala que "é preciso esforzarse por manter o gasto destinado ao sistema educativo que, xunto coa sanidade e as pensións, fixeron posible o Estado de Benestar" e reclaman que os recursos asignados á universidade pública non deben ser considerados "gasto", senón "investimento", e engade: "sobre todo cando se pretende vincular a tan necesaria recuperación económica a un novo modelo produtivo baseado no coñecemento".
O texto sinala que "a USC atópase entre as dez primeiras de España a nivel docente e investigador" e que "esta situación pode verse seriamente ameazada no caso de que se leven a cabo as reducións económicas previstas no borrador da Lei de Orzamentos 2013"
O manifesto lembra que a Universidade de Santiago "non pode nin debe renunciar a súa autonomía na toma das decisións que considere máis axeitadas para lograr os obxectivos de excelencia que ten fixados". O texto sinala que "a USC atópase, independentemente do ranking considerado, entre as dez primeiras de España a nivel docente e investigador" e que "esta situación pode verse seriamente ameazada no caso de que se leven a cabo as reducións económicas previstas no borrador da Lei de Orzamentos 2013". Por ese motivo demándalle ao Equipo de Goberno, ao Consello de Goberno e ao Consello Social "que leven a cabo as accións oportunas en defensa da USC".