Músculo! leva apenas uns meses en activo. Despois de ser semifinalistas do Proyecto Demo de Radio3, e de ofrecer os seus primeiros concertos por toda Galicia, esta fin de semana telonearon os murcianos Schwarz na súas actuacións polo noso país: o xoves en Compostela e este sábado en Vigo.
Así é como se presentan: "Somos cinco. Somos de Galicia. Somos rítmicos e melódicos. Somos ruidosos e bailóns. Somos guitarreiros e electrónicos. Somos distorsión e bombos machacóns. Somos sintetizadores e baixos pesados. Somos voces agresivas, letras directas e mensajes incómodas". Varios dos seus integrantes formaban a columna vertebral de Noise Project. Sen renunciar ao shoegazing e ao noise que caracterizaban a banda de Valga, Músculo! gaña iso mesmo: músculo, e gañan en ritmo en contundencia. No seu bandcamp pódese escoitar un ep de actro cancións, Buon Giorno, ao que se unirán máis temas nos vindeiros meses.
Dicides na vosa presentación que “a pólvora xa está inventada, Músculo só a vai poñer no teu reprodutor”. Está todo inventado na música? Dedicámonos só a copiar e reinventar?
Non queremos ser pretenciosos e dicir que somos innovadores (aínda que o intentemos...) Queremos facer cousas que non se fagan tan a miúdo por aquí.
Cales son as vosas influencias?
Caribou, Primal Scream, Holy fuck, flying Lotus, Delorean, Sonic youth........... Non poderíamos poñelos todos
Que é Schwarz para vós?
É un grupo que escoitamos e seguimos dende fai anos, Fíxonos moitísima ilusión poder tocar con eles. Un referente do "Kraut" no Estado Español.
Poderiamos definir Músculo como “ruidismo que se baila”?
Empezamos como un grupo máis noise, pero a verdade é que cada vez tendemos máis a limpiar o noso sonido. Non queremos caer no "ruido por que si".
De Primal Scream a M83, Grimes ou Crystal Castles. A unión do noise e a electrónica é a música do momento?
Non, o que creemos é que a electrónica estase a integrar no resto dos estilos coma un instrumento máis. Estáselle a perder o medo, agora xa non é todo "zapatilla!"
Cal vai ser o percorrido de Músculo nos próximos meses?
Traballar duro!
Que grupos galegos vos gustan?
Colectivo Oruga, Mequetrefe, Unicornibot, telephones rouges, Noise Project e algún máis que nos quedará atrás....
Que bandas -de todo o mundo neste caso- estades escoitando ultimamente?
Tampouco poderíamos poñerchos todos pero bueno.... Tame Impala, Sun kil Moon, alt-J, Flying Lotus, Holy Fuck, Mark Eitzel, Curtis Mayfield, Alex Chiltol......
Falta estrutura para a música en Galicia: locais de ensaio, salas onde tocar, festivais, espazo nos medios de comunicación...?
Si absolutamente. Aquí prima máis a cultura de verbena. Hai moito desprezo pola cultura por parte de estamentos públicos e algúns privados. O que importa son as boas ideas e poder ter espazos onde se poidan distribuír, por iso creemos que Galicia carece dunha rede de festivais e salas (coma músicos que somos non podíamos pensar doutra maneira) hai algunha excepción claro... E o que hai acaban tocando os mesmos. De quen é a culpa non o sabemos.