A revista literaria norteamericana Absinthe dedicará un especial ás letras galegas no seu vindeiro número. Para iso publicará fragmentos de obras de Xabier Cordal, Anton Lopo, Anxo Rei Ballesteros e Manuel Rivas traducidas ao inglés.
Absinthe é unha revista semestral centrada na literatura europea contemporánea que comezou a editarse en 2007. Publícase en primavera e outono con entrevistas, reportaxes, ensaios e extractos de obras recentes de todas as literaturas do continente. Nos últimos números dedicou especiais aos autores romaneses ou búlgaros.