"Defender ás nosas". Ás nosas letras e ás nosas mulleres. É parte do espírito co que o pasado ano naceu o Día das Galegas nas Letras, unha conmemoración impulsada pola plataforma de crítica literaria A Sega para reivindicar o papel literario das mulleres do país fronte ás celebracións do 17 de maio, Día das Letras Galegas nas que a maioría de homes homenaxeados é abrumadora. Nesta ocasión a autora escollida foi María Victoria Moreno, que para A Sega "representa a forza da vontade fronte á desidia e o accidente, a decisión consecuente da palabra xusta". Velaquí a crónica audiovisual elaborada dende GZ Vídeos.